Xa falta pouquiño para celebrar o Magosto e o Samaín. Como é habitual no cole hai un concurso de arte monstruoso e algúns pementeiros e pementeiras xa se animaron a traer as súas obras. O cole empeza a dar auténtico terror! No corredor principal está xa colocada unha exposición con esas mostras de arte terrorífico cheas de imaxinación e creatividade e con todos os elementos que sempre relacionamos coa celebración do Samaín
Agora o xurado terá que decidir que creacións serán merecedoras dos premios (que se entregarán o martes). Estamos todos/as conganas de comer castañas, de ver os disfraces, que seguro que serán ao mesmo tempo divertidos e terroríficos, e de compartir unha merendola monstruosa na aula de psico cos compañeiros/as de infantil como sempre nos gusta facer nas diferentes celebracións. Nesta ocasión os pementeiros/as serán os encargados de invitar e nas vindeiras festas serán convidados polos nenos/as das outras aulas. ¡Seguro que o imos pasar maléficamente xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario