O curso pasado coñecemos a unha muller intrépida que, desde Gallaecia, marchou rumbo á Terra Santa montada nun burriño, camiñando ás veces, e coa única idea de coñecer lugares lonxanos, achegarse a sitios cargados de historia, e disfrutar en vivo de moitos paraxes sobre os que ela lera nos libros. Unha muller galega, Egeria, que é recoñecida como a primeira peregrina da Historia e que, ademais, escribía cartas relatando todo o que vían os seus ollos. Viaxar sempre é unha maneira de aprender, de abrir a mente, de comprender o diferente, de descubrir novas xentes e novas culturas, de coñecernos a nós mesmos, de valorar a importancia de coidar a natureza, de espertar a nosa curiosidade... En fin, que as viaxeiras e os viaxeiros sempre teñen un montón de experiencias que contarnos e de aprendizaxes que compartir.
E hoxe recibimos no cole a visita dun intrépido viaxeiro, un mozo aventureiro que un bo día decidiu subirse na súa bicicleta, chamada "Loba", e deixar a súa casa para percorrer Europa pedaleando durante un ano, de país en país, cruzando montañas ou pola beira do mar, sin destino concreto e sin GPS. Juanpe Blanco Mira é todo un exemplo do que significa ser perseverante e loitar por un soño. Hoxe visitounos no cole para contarnos a súa experiencia.
Os peques de infantil estaban esperando atentos a que Juanpe lles contara as súas peripecias con "Loba" e tiñan un montón de preguntas que facerlle. Contounos unha chea de cousas: os animais que se ía atopando polo camiño (e mesmo nos mostrou un corno dunha cabra),o difícil que foi atravesar as montañas cubertas de neve, os impresionantes paisaxes que ía descubrindo cada día, e ata nos explicou cómo se duchaba e como durmía na súa tenda de campaña. A verdade é que a súa experiencia nos deixou abraiados/as e marchamos porque xa era hora de merendar e era o turno do alumnado de primaria, porque realmente se fora por nós aínda seguiríamos alí escoitando o seu relato. Foi un auténtico pracer coñecer a Juanpe!
Antes de marchar, Juanpe e a súa compañeira de viaxe pasaron pola Pementeira para despedirse. Eu estou profundamente agradecida por esta experiencia, por esa dispoñibilidade de ambos para contarnos tantas cousas, pola súa amabilidade e paciencia, polo seu entusiasmo, por transmitirnos o amor pola natureza e a paixón polas viaxes e a aventura e por adicarnos o seu tempo nesta xornada chuviosa .
" Pero tu vida, tu esencia, no ha de ser el reflejo de tu cuenta bancaria. Tu vida se resume en lo que haces, lo que ves, lo que hueles, lo que tocas. Vivir es conocer, aprender, pasar hambre y frío, conocer tus propios límites experimentando la naturaleza. Vivir es, como bien dijo Thoreau, enfrentarse tú solo a los hechos esenciales de la vida"
Encuentros con lo salvaje (pag.71)
¡Qué bonito é coñecer xente interesante! Espero que os/as pementeiros/as aprecien estas experiencias que viven no cole. Seguro que dentro de pouco algunha aventureira ou aventureiro deste grupiño se animará a coñecer o mundo e pode que veña ao cole a contarllo aos nenos/as que ocupen, entón, estas aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario