Como se nota que estas pementeiras e pementeiros ademais de medrar tamén van poñendo interés nas cousiñas do cole. Por exemplo, nas sesións de ioga vexo que as asanas saen cada día mellor, e hai ganas de avanzar, de esforzarse, hai máis concentración e pouco a pouco percibo máis satisfacción cando os/as felicito cando logran unha boa posición. ¡É estupendo practicar ioga! E o feito de poder facer un desdobre é un factor que temén axuda a que as sesións sexan máis productivas e agradables.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
domingo, 22 de octubre de 2023
EXPERTAS/OS EN IOGA
A perseverancia fai que a nosa práctica mellore e que, tamén, disfrutemos máis porque ao conseguir superar retos e acadar unhas asanas máis correctas, o noso grado de satisfacción e posterior motivación tamén aumentan. Todo isto fai que o avance sexa máis grande, e a medida que conseguimos unha mellor alineación, máis flexibilidade, máis equilibrio, máis forza e máis control corporal xeral, a noso benestar a nivel físico e mental é maior. Así que, a seguir practicando porque isto vai moi ben!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
TODO LISTO PARA A FESTA
E aquí estamos, a piques de celebrar o CastañazoFest e o Samaín 2026. Esta semana foi ben intensa. A lúa chea parece que nos puxo un pou...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...
No hay comentarios:
Publicar un comentario