Cantas sorpresas nos dá a vida! Hoxe estabamos tan tranquilos/as no cole e avisáronnos de que circulaba por aí unha noticia un pouco imprecisa sobre alguén que ía vir ao cole pero sin darnos máis datos. o caso é que deixamos o noso traballo sen rematar e alá fomos para a aula de psico para esperar aver qué pasaba.
E resulta que ao pouco rato entrou, nada máis e nada menos, queo xenial JULIO VERNE!!!! Quedamos todos/as abraiados, sabíamos que Julio Verne viñera dúas veces a Vigo pero desde logo o que menos esperábamos é que aparecera por Padrón, e concretamente que nos viñera visitar a nós.
A verdade é que foi unha visita moi interesante e moi divertida. Julio Verne falounos das súas viaxes polo mar, por África, polo espazo,polo centro da Terra, en barco, en tren, en globo e ata nun elefante, trouxo un montón de cousas relacionadas coas súas obras: coral, fósiles, un globo terráqueo, libros... En fin, que estábamos todos/as atentos/as e interesados/as escoitando as anécdotas que nos contou sobre o Capitán Nemo e o Nautilus ou sobre unha illa misteriosa. ¡Cómo nos gustan as aventuras que nos conta Julio Verne! A verdade é que creo que non fai falla que eu diga o que lles gusta viaxar a todos/as os/as pementeiros/as.
Os nenos e nenas de infantil xa saben moitas cousas de Julio Verne e hoxe estaban felices de coñecelo en persoa así que lle agradecemos moito a este xenial escritor que tivera un momentiño para visitarnos e contarnos tantas cousas.
E o noso recuncho do Nautilus segue a medrar. Aínda estamos recibindo algunhas cousiñas máis. Mirade!
¡Seguimos aprendendo e disfrutando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario