domingo, 1 de octubre de 2023

O ANIVERSARIO DE NOA

  Empezamos a temporada de aniversarios celebrando que a pementeira Noa ten 4 anos. o tempo pasa voando e está xenial celebrar que imos cumplindo anos, queevolucionamos e imos disfrutando das cousas que nos proporciona a vida. No cole é bonito compartir momentos de alegría cos compañeiros e compañeiras, e Noa quixo celebrar con todos/as este momento especial.  Primeiro apagou as candeas, depois escoitou a canción que lle adicamos os compañeiros/as e a profe, e finalmente chegou o momento de disfrutar das galletas.



                                                                         
















    Había moitas ganas de galletas e de disfrutar destas pequenas celebracións xuntos/as. Noa estaba moi contenta porque cumplir 4 anos é moi importante así que hai que celebralo con alegría. O luns aínda poderemos disfrutar dalgunha galleta máis porque Noa trouxo moitas, pero polo de pronto o venres disfrutamos da celebración e iso é o importante.
PARABÉNS, NOA! XA ERES UNHA MOZA DE 4 ANOS!

    E aproveito xa esta entrada para mostrar como se van elixindo os libros do pasaporte lector para levar a casa o fin de semana. Os nenos e nenas están, en xeral, ilusionados en levar un libro do cole para disfrutalo en familia. Iso é en fantático! Espero que todos/as o disfruten moito porque ler é o mellor que hai.













    Espero que todos/as disfrutaran coas historias que conteñen estes libros, e que pouco a pouco vaian desenvolvendo o gustopola lectura e o pracer por descubrir  outras realidades, por aprender novas palabras, e por mergullarse en mundos imaxinarios con personaxes interesantes que nos abren os ollos e nos levan a sentir diferentes emocións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...