Supoño que xa todos/as sabedes que o nome que lle puxemos a este proxecto de traballo e investigación sobre Julio Verne é PROXECTO NAUTILUS en honor ao famoso submarino, pilotado polo Capitán Nemo, que percorre as profundidades dos mares na obra "20.000 leguas de viaxe submariño" .
O Nautilus tiña unha forma alongada semellante ao pez vela.
Na Pementeira xa estamos lendo as aventuras do Capitán Nemo a bordo do Nautilus e poriso tamén decidimos pintalo con acuarelas.
Tamén lemos unha historia muy interesante sobre cómo se forman as perlas dentro das ostra. E alguén xa levou este conto o venres co Pasaporte Lector. Temos no recuncho do proxecto unha caixa con moitos libros relacionados co mar e xa tivemos oportunidade de miralos e lelos para ir descubrindo moitas cousas.
E, para rematar esta entrada, só me queda dicir que a vaca Bonnie que chegou desdeas Highlands en Escocia, xa está viaxando aos domicilios dos pementeiros e pementeiras. Hai doous pementeiros,un neno e unha nena, que xa foron os afortunad@s e a ver a quen lle toca mañán. Quero contarvos que Bonnie ten ganasde visitarvos a todos/as pero non lle gusta nada ir cos nenos ou nenas que berren moito e que non queiran comportarse ben e facer as cousiñas do cole. E que ela ten moitas ganas de aprender cousas, de ler contos e poesías (de feito está aprendendo os poemas de Rosalía de Castro), de disfrutar das conversas e as cancións, de investigar sobre o mar... e, claro, se na clase hai moitas discusións, e os nenos e nenas pelexan e non escoitan ás profes e despois non saben facer as tarefas ou non prestan atención nas clases, pois ela non ten ganas de ir de visita. Así que, eu espero que todos/as se porten moi ben e poidan levar a Bonnie.
Espero que o pasara moi ben nas casa de Mateo e de Antía e que mañán visite a... ¡xa veremos! Misterio, misterioso... ¿a que casa irá Bonnie?
No hay comentarios:
Publicar un comentario