miércoles, 18 de octubre de 2023

O ANIVERSARIO DE SARA

    Isto é un non parar! Onte celebramos o cumple de Sara que está feliz porque xa ten catro anos. E non pensedes que isto é un comentario sen importancia, dígovos que estes nenos/as sinten que están atravesando unha barreira importante. Póñovos un exemplo, hoxe no patio, dúas nenas que fai uns días aínda non se atrevían a baixar pola barra que hai no tobogán, lanzáronse e estaban emocionadas e viñéronme pedir que as fora ver como baixaban. E, claro, explicáronme: " e que agora como xa temos catro anos, xa sabemos baixar". Así que como vedes, cada un vai gañando confianza e asumindo novos retos no momento preciso, e os catro anos parece que marcan un fito importante.

     Pois o caso é que Sara xa ten tamén catro anos e estaba feliz de compartir ese momento con compañeiros/as do cole.









    Despois de apagar as candeas e escoitar a felicitación cantada que lle adicaron as nenas e nenos da Pementeira, chegou o momento que máis lles gusta que é comer as galletas. A verdade é que sempre hai espazo no estómago para unha galleta, verdade?













No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

    Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...