jueves, 29 de octubre de 2026

TODO LISTO PARA A FESTA

   E aquí estamos, a piques de celebrar o CastañazoFest e o Samaín 2026. Esta semana foi ben intensa. A lúa chea parece que nos puxo un pouco nerviosos e a concentración e a calma non foron as protagonistas. Aínda así tratamos de ir facendo cousiñas. O importante hoxe é preparar todo para mañán, para vir ben divertidos e terroríficos. Xa a maioría me dixeron de que se van disfrazar. Seguro que veñen espectaculares.

   Nesta ocasión temos un contrasinal para os vampiros, esqueletes, morcegos, cabazas, bruxas, piratas-esqueletes, e monstros variados. Se queren entrar na festa samainesca teñen que dicir esta rima que unha pementeira e un pementeiro nos recitan , escoitade!






   Recibimos moitas fotos para a exposición "O noso recuncho enfeitizado" e realmente quedaron espectaculares. Hai moita imaxinación e creatividade nas imaxes cheas de misterio. Nós xa fomos colocar as nosas fotos e de paso ver as dos demais, e tamén levamos as castañas para que mañán as poidamos comer ben asadas.






                                         

























 
    Nestas datas de relatos de medo e historias de espíritus que nos visitan nas noites de lúa chea, tamén no cole escoitamos contos que nos manteñen atentos e cun pouquiño de tensión. Onte uns nenos de sexto de primaria viñeron a infantil a contarnos un conto.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

TODO LISTO PARA A FESTA

   E aquí estamos, a piques de celebrar o CastañazoFest e o Samaín 2026. Esta semana foi ben intensa. A lúa chea parece que nos puxo un pou...