martes, 31 de enero de 2023

O CUMPLE DE ÁFRICA

     E, de novo, festa de aniversario!!!!!. Nesta ocasión a protagonista do día foi a pementeira África que está encantada de cumplir 4 anos. Chegou emocionada ao cole, coas súas galletas para compartir cos compañeiros/as e disposta a demostrarnos o maior que é xa. Concentrouse en apagar as candeas e escoitou atentamente como lle cantábamos o "Cumpleanos feliz". 






    África repartiu as galletas con todos/as os/as compañeiros/as. Por certo, non é que estiveran ricas, é que estaban deliciosas. E mañán tomaremos outras pouquiñas porque hoxe tivemos pouquiño tempo e víñasemos enriba a hora de comer. Así que mañán, outra galleta para cada un. Seguro que non hai problema.


















  E hoxe, África foi afortunada por partida doble e levou a casa o Libro dos Nomes. Aproveito para comentarvos que o poden ter na casa dous días. Se o levan o luns traerano de volta o mércores. Os que o leven o mércores, tarerano o venres, e os que o leven o venres, traerano o luns. Así xa queda o aviso para todos/as aquí.
¡A disfrutalo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...