viernes, 20 de enero de 2023

POESÍAS E LIBRO DOS NOMES


   Na Pementeira sempre disfrutamos lendo contos e poesías, así que onte decidimos gravar algunhas das nosas poesías favoritas para poder recitalas na casa coas mamás e os papás. A poesía é un magnífico recurso para promover diferentes aprendizaxes nos nenos/as: desenvolven a súa memoria auditiva, aumentan o seu vocabulario, melloran a súa dicción, promoven o pracer pola linguaxe creativa e literaria, polos xogos de palabras, mellora o sentido do ritmo e a musicalidade e, mesmo, axuda a exteriorizar e comprender emocións e a interiorizar moitos contidos relacionados coas diferentes áreas de aprendizaxe. Cando lemos e recitamos xuntos xeramos un fluxo de enerxía positiva, de emocións compartidas e iso axúdanos a sentirnos ben, a crear un ambiente de seguridade e compañeirismo, a promover a comunicación e o intercambio de opinións e ideas. Para min, o mellor momento do día é precisamente cando vexo expresións de curiosidade e de disfrute como resposta a estas lecturas compartidas e cando escoito aplausos espontáneos ao remate.
    Unha das actividades que sempre debedes realizar en familia é ler xuntos, disfrutando realmente dese momento, concentrándovos na beleza das historias e da palabra escrita e, a continuación, falar sobre o lido, propoñer preguntas, fantasear sobre as personaxes, inventar un final diferente, anotar as palabras novas... O meu consello é que busquedes historias diversas para ir explorando que temas lle gustan máis a cada neno/a e que lles ampliedes eses intereses con novas temáticas a través de libros de calidade, con bia redacción e con fermosas ilustracións.
    As poesías para nenos/as sempre lles resultan divertidas xa que as rimas sinxelas  triunfan rapidamente, fan gracia, son fáciles de memorizar e cando o poema ten algún detalle gracioso, algunha broma que lles saque un sorriso, entón xa está o principal obxectivo conseguido. Desde logo na Pementeira, as poesías que lemos practicamente a diario fan que pasemos un rato estupendo, por iso tiñamos ganas de compartilas con todos/as vós. Esperamos que vos gusten.

 

   Seguimos mellorando a grafomotricidade e facendo tarefas sinxelas de prelectura e preescritura. Xa vamos notando avances no control motriz e na identificación de grafemas e fonemas. Todo isto é un punto de inicio, un primeiro paso para,máis adiente, poder  ler (cando chegue o momento). Aproveito para que desde as familias procuredes fomentar na casa unha postura axeitada (tanto a nivel corporal global como a nivel manual) e un agarre correcto do lapis. Sei que o repito moito, pero é que aínda lles costa facelo ben, e sobre todo o que lles costa en xeral é escoitar e seguir as indicacións que se lles dan sobre como agarran unha cera ou un rotulador. Teñen asumido que calqueira maneira de agarrar un útil de escritura é válido e non asumen nin aceptan que se lles corrixa, co cal máis que facer ben ou non un trazo, ou gañar precisión, o que nos costa traballo nestas tarefas é que intenten agarrar ben o lapis e non enfadarse porque se lles corrixe. Unha vez máis, como consello, eu vos diría que lles indicárades como se debe agarrar un tenedor, unha culler, un pincel, un rotulador... é dicir, na vida cotián hai un montón de utensilios que están diseñados dunha determinada maneira para seren utilizados dunha determinada maneira e nós debemos axudar aos nenos/as a que o fagan ben.
















   Pero non pensedes que traballamos todo o tempo. Sempre hai momentos de xogo e un dos recunchos favoritos é a cociña, claro. E unha cousa que fan sempre é prepararme a min todas as comidas, os cafés, os zumos... así que fan cola para alimentarme ben e eu teño que comer todo obviamente.









    E hoxe, por fin, rematei O Libro dos Nomes e xa empezou a viaxar aos domicilios para que fagades uso del nas casas, xogando a compoñer os nomes de cada pementeira/o, buscando a avioneta e o pasaporte de cada un/a, lendo as anécdotas que cada familia nos conta sobre os nomes, contando as letras que ten cada nome e identificando a inicial ... Seguro que se vos ocurren diferentes propostas para empregar ese libro, por exemplo podedes buscar todos os nomes que teñan a mesma inicial, ou os que teñan o mesmo número de letras, ou os que son máis longos, ou os máis curtos, ou elixir a anécdota que vos pareceu máis divertida, o cos ollos pechados identificar polo tacto a inicial dos nomes (que está realizada en goma eva para poder traballar precisamente co tacto)... A ver que se vos ocurre. O importante é que sexa un recurso para pasar un ratiño en familia, para ir creando un sentemento de equipo, de compañeirismo e de familia extensa. A primeira afortunada en levar o libro foi Indira, que marchaba emocionada (espero que a emoción dure o fin de semana) e o luns ¿quen sera o afortunado/a? Veremos o que pasa...
                                          









    Grazas a todas as familias por colaborar nesta proposta enviando as fotos familiares e contando como foi a elección do nome. Espero que o disfrutedes e o coidedes en cada casa para que os peques o poidan empregar en igualdade de condicións, intentade que non se perdan as letras móbiles ou as avionetas e pasaportes para que todos/as poidan xogar. Desexo que todos/as o queiran levar a casa e que sexa un recurso divertido para coñecer letras, identificar nomes e avanzar no proceso lecto-escritor.
     Grazas e espero que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...