miércoles, 18 de enero de 2023

O CUMPLE DE INDIRA E MOITAS ACTIVIDADES MÁIS

   Onte celebramos o aniversario doutra pementeira:Indira. Empezamos o 2023 con moita celebración xa que Gael, Irea e Indira iniciaron a nova temporada de cumpleanos pementeiros. Como Indira estivo maliña, o seu cumple se retrasou un pouquiño pero finalmente chegou o momento de apagar as candeas e de compartir unhas galletas cos compañeiros/as. Estaba moi emocionada e contenta de poder escoitar como todos os amigos e amigas lle cantaban o cumpleanos feliz.




   Como vedes, Indira estaba moi emocionada e é fantástico ver a súa cara escoitando a canción e os aplausos dos compañeiros/as!
  E as galletas, qué vos vou dicir, na Pementeira sempre hai boa disposición para comer galletas por suposto.

















    Aproveito xa esta entrada para mostrarvos moitas outras actividades que seguimos facendo na Pementeira: disfrutamos de xogos diferentes, xogamos con letras móbiles formando palabras e os nomes, lemos os libros que temos no recuncho do Proxecto Egeria e así imos "viaxando" por diferentes lugares do mundo, pintamos con acuarelas, practicamos os trazos de letras e números... en  fin, estamos facendo moitas cousas, intentando retomar rutinas e tratando de ir superando novos retos que nos leven a aprender moitas cousas e a gañar seguridade.
   Estamos intentando afianzar bos hábitos nas actividades impresas, cousiñas que penso que é bo ir interiorizando desde agora xa que así será máis sinxelo, co tempo, destinar a enerxía a outras cousas e automatizar a escritura con menos esforzo. Por exemplo, temos que insistirlle aos peques que se senten ben para escribir e debuxar, que agarren ben o lapis, que apoien a man no papel, que suxeiten o papel ca outra man... todo iso axuda a controlar mellor os trazos, a lograr máis control óculo-manual e maior precisión nas grafías e a evitar ter malas posturas que, no futuro, poden xerar "enfermidades". Non sempre lles parecen ben as correccións, todo hai que dicilo, así que sería importante que vós, desde a familia, tamén lles tratárades de inculcar estes bos hábitos que son saudables e lles axudan a facer mellor as tarefas.
   Xa se perciben melloras en todos os sentidos, hai maior control nos trazos, penso que xa son capaces de concentrarse cada vez máis e creo que empezan a valorar máis cando os felicito por facer ben unha tarefa (xa son conscientes de cando algo está ben feito claro). Espero que, pouco a pouco, todos/as vaian desenvolvendo esa motivación intrínseca que implica que teñan interese por facer ben as cousas por sí mismos, por sentirse ben, e non só por recibir unha recompensa pero mentres non é así, espero que as mamás e os papás os vaiades animando a avanzar mostrando interese e recoñecemento polo que fan e polos progresos que mostran. Poden facer moitas cousas pero teñen que intentalo, confiar nas súas posibilidades, asumir pequenas frustracións e practicar como é lóxico. Todos necesitamos practicar un montón de cousas para lograr bos resultados, verdade?



























                                         



No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...