miércoles, 25 de enero de 2023

¡CANTAS EXPERIENCIAS! IOGA, CONCERTO E HORTA

   Estes días estamos que non paramos. O luns fixemos a nosa sesión de ioga, o martes tivemos un concerto de Susa Herrera, o mércores fomos traballar na horta... E non pensedes que é o único que fixemos porque tamén estamos con outra actividade moi bonita pero que é un pouco secreta e non a imos compartir convosco ata a semana que ven.

   Empezamos, a nosa sesión semanal de ioga foi bastante productiva. Cada día vou notando que os pementeiros/as van soltándose e comprendendo que poden intentar facer as diferentes asanas e que non vai pasar nada si non saen ben á primeira porque do que se trata é de probar, practicar, repetir e perfeccionar. O luns houbo xa mostras de que hai ganas de mellorar, de intentar, de esforzarse e gustoume ver como algúns nenos/as repetiron varias veces algunha asana cando vían que perdían o equilibrio. ¡Xenial! Diso se trata, de intentalo moitas veces. Estamos desenvolvendo o control corporal global, o equilibrio, a coordinación, a forza, a alineación e ademais de traballar co corpo, favorecemos habilidades de carácter mental como a capacidade de escoita, a concentración e a paciencia.






    A segunda asana que fixemos é moi difícil e estou moi contenta porque todos e todas o intentaron e pelexaron para conseguir facela ben. iso é o que me gusta, ter ganas de superar retos, non desanimarse e seguir intentando o que non sae ben á primeira. Eu tamén sigo practicando para fortalecer os meus músculos, mellorar o equilibrio e estar máis forte cada día.

















  O martes visitounos susa Herrera para deleitarnos coas súas divertidas cancións. Pasámolo moi ben e ao final ata as profes se animaron a cantar e bailar con Susa.


































   E hoxe fomos traballar na horta, plantamos fabas loba e sementes de luffa, que é unha esponxa vexetal. O profe José Luis e Carmen, que nos visita cada ano, explicáronos moitas cousas sobre o composteiro que temos no cole para "fabricar" alimento para as plantas e Carmen mostrounos como plantar co "dedo plantador" e como tapar as plantas para que non morran de frío no inverno. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.





























































































   Como vedes, estamos sempre ocupados/as e temos moitas cousas que facer e que aprender. Pero, claro, é que para iso vimos ao cole, para aprender moitas cousas, experimentar, achegarnos a diferentes experiencias e tarefas... e disfrutar!
    Por certo, o Libro dos nomes sigue viaxando polas casas pementeiras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...