O luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Durante a pasada semana estivemos preparando unha actividade conxunta coas outras aulas de infantil. Xa compartín as fotos de todo ese proceso de creación, no que participaron todos/as. A actividade consistía en decorar dúas pezas dun puzle xigante a modo de collage.O luns todos xuntos saímos ao patio de columnas para darlle forma a espuzle xuntando as 8 pezas, 2 elaboradas por cada unha das aulas de infantil. ¿queredes ver o resultado?. Pois imos alá...
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 1 de febrero de 2023
DÍA DA PAZ
Os nenos e nenas das aulas de educación primaria tamén fixeron os seus propios puzles e colocámolos todos xuntos. ¡Mirade que efecto tan bonito fan todas as pombas da PAZ!
Como estivemos falando moito da paz, lemos contos e poemas sobre ese tema, coñecemos a importantes persoeiros como Gandhi, pois tamén escoitamos fermosas cancións como One Love de Bob Marley e Imagine de John Lennon. Aproveitamos para disfrutar coa música mentres facemos algunhas tarefas impresas e dá gusto ver aos pementeiros e pementeiras facendo as cousas relaxadamente, concentrados nas actividades e escoitando esa música tan bonita. Teño que dicir que, sin dúbida, nesta aula triunfou Imagine de Lennon, que lles encantou e querena escoitar cada día, e non se escoita un chío, pasmados cara a PDI mentres ven o vídeo e xa van soltándose a cantar o estribillo. Eso sí, hoxe algunha pementeira xa apuntou que "esa muller que está ao lado de John Lennon (Yoko Ono) está moi seria". Pero salvo ese detalle, a canción encántalles.
Aproveito xa esta entrada do blog para contarvos que recibimos algunhas cousiñas para o recuncho do proxecto. Leo trouxo un libro sobre Cristóbal Colón, e Mateo L. dous contos de Lolota, que é unha nena moi viaxeira e foi a París e a India. xa imos tendo cousiñas para ler, investigar, contemplar, comentar... e de todas esas maneiras imos aprendendo.
E hoxe fixemos unha tarefa impresa moi bonita sobre o Taj Mahal. Aproveitando que xa coñecemos este monumento grazas aos Bits de Intelixencia e que Mateo trouxo o Libro de Lolota viaja a la India, hoxe contamos o conto, pintamos o Taj Mahal e practicamos o trazo da T e da M que tamén nos ven moi ben porque estamos escribindo os nomes e empezando a asociar algúns fonemas cos seus grafemas correspondentes. Aproveitamos para recordar a Gandhi e a Indira Gandhi e falamos das vacas e dos elefantes da India. Foi un día de moita información. Estou noi contenta co resultado do traballo de hoxe, Estiveron concentrados e o resultado salta á vista. Dá gusto ver as tarefas de hoxe. ¿Non me digades que non é fantástico ver o ben que traballan cando queren? Estou moi orgullosa deles e delas. Espero que sigan traballando así de ben.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
OPERACIÓNS MATEMÁTICAS
As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...
-
O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron par...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario