Xa queda pouco para o Entroido e estamos pensando a ver de qué nos imos disfrazar. ¿A que sí? Eu ando a voltas con moitas ideas pero aínda non teño nada claro. Como segro que xa víchedes na nota que ía no caderno de comunicacións, o tema central do noso entroido de infantil está relacionado co Proxecto Egeria. ë un tema moi amplo e aberto co cal cada un pode botar man da súa imaxinación e creatividade. O Entroido é unha festa e trátase de disfrutar así que nada é obligatorio. Eu vouvos propoñer ideas porque hai xente que me pregunta pero non quere dicir que sexan as únicas opcións. E todas elas poden servir de punto de partida para outros disfraces.
Así pois algunhas das posibilidades que vos podemos propoñer son:
- viaxeiros/as coñecidos/as ou simplemente a idea xeral da persoa que vai de viaxe polo mundo, un trotamundos, un peregrino/a...
- exploradores/as
- medios de transporte: tren, barco, avión, globo, ou o Titanic, o Orient Express, o Nautilus...
- monumentos de diferentes países: a Torre Eiffel, a Estatua da Liberdade...
- profesións relacionadas coas viaxes: pilotos, capitanas de barco, aviadores/as, maquinistas, guías turísticos, astronautas...
- personaxes históricos que percorreron o mundo e ata personaxes literarios que protagonizan libros de viaxes: Egeria, Valentina Tereshkova, Nellie Bly, Amelia Earhart, Cristóbal Colón, Neil Amstrong, Marco Polo, Cousteau, Phileas Fogg (da Volta ao Mundo en 80 días), o Capitán Nemo (de 20.000 leguas de viaxe submarino), Russell (o neno explorador da película Up), Tintín...
No hay comentarios:
Publicar un comentario