domingo, 5 de febrero de 2023

O ANIVERSARIO DE ERIC

     Temos xa outro pementeiro con 4 anos! Eric celebrou o seu cumple o xoves con moita alegría e cunhas galletas de Spiderman que lles encantaron a todos/as os seus compañeiros/as. ¡Vaia éxito! Chegou moi emocionado e fixo un gran esforzo para apagar as candeas que se lle resistiron un bo cacho. 








   Eric escoitou a canción que lle adicaron os compañeiros e compañeiras e despois repartiu as galletas. Estaban todos ben felices co agasallo de Eric.




















   ¡Hai que ver que caras de felicidade grazas a Spiderman! Grazas a Eric e á súa familia porque, a verdade, é que estaban todos encantados e Eric tamén moi feliz de poder compartir as galletas cos compañeiros/as do cole.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN VENRES ESTUPENDO

    Un día estupendo na Pementeira! Aproveitamos ben o tempo, estivemos rematando as bolsas nas que os nenos e nenas levarán os seus traball...