lunes, 13 de febrero de 2023

ESTAMOS LISTOS PARA O ENTROIDO

       ¡Xa non queda nada para o Entroido! E por suposto é importante ir enchendo o cole de elementos que nos fagan sentir a festa, que nos leven a ese mundo máxico dos disfraces, a esa fantasía de ser outras personaxes, de mergullarse en mundos imaxinarios, de facer papeles diferentes aos que representamos no día a día, de soñar con seres irreais ou de sentir que podemos ser calqueira cousa que se nos pase pola cabeza.

   Na aula de psico estamos colocando un panel decorativo cheo de cores e de elamentos relacionados co entroido no que estamos traballando todos os nenos e nenas de educación infantil. Na Pementeira estivemos pintando unas caras de pallasos moi alegres e divertidos e despois fomos colocalos na aula de psico.




























   E, nesta semana, recordadae que temos que cumplir as Mandas do Meco. A primeira consistía en vir peiteados/as de maneira orixinal. ¡Mirade que creatividade hai nalgunhas familias! ¡Qué divertido!










E mañán, nova manda do Meco:
O MARTES 14 PARA REUTILIZAR
UN MANDIL  PRESTADO HAS DE LEVAR.

    Os últimos afortunados/as en levar o Libro dos Nomes foron Mateo Lobato e Noa que marcharon cheos de ilusión. Espero que os disfrutaron moito xogando coa familias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

    Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...