Xa queda pouco para conmemorar o Día da Paz. A semana pasada e 8máis esta estamos lendo moitos contos que teñen que ver coa Paz, no sentido máis amplio da palabra. Tamén escoitamos cancións que seguramente todos coñecedes xa como Imagine de John Lennon ou One Love de Bob Marley, por exemplo. E estamos elaborando un mural para decorar as paredes do corredor.
Hoxe escoitamos un conto moi emotivo e cargado de bos sentementos que se titula A maleta. Unha vez máis, un relato curtiño, con textos sinxelos e ilustracións simples e moi directas que nos achega a un tema complexo, moi actual e que é importante afrontar para intentar que a nosa sociedade sexa un pouco máis xusta.
- ¿Cómo empeza está historia? ¿Qué o que ocurre primeiro?
- ¿Qué trae o animal na man?
- ¿Qué pensaron os outros animais del cando o viron?
- ¿Qué lle preguntan os outros animais?
- ¿Qué di él que trae dentro da maleta?
- ¿Qué soña o animal cando queda durmindo?
-¿Qué fan os outros animais mentres el está durmindo?
- ¿Crees que está ben o que fixeron? ¿Por qué?
- ¿Qué había dentro da maleta realmente?
- ¿Qué fixeron os outros animais despois de abrir a maleta? ¿Cómo compensaron o erro que cometeron?
- ¿Qué di o animal que chegou coa maleta que ten que mercar agora? ¿Para qué?
- ¿Por qué vemos agora dúas fotos na parede da súa casa?
A continuación desta asamblea tan completa, fixemos unha actividade impresa sobre o conto e despois do recreo xa nos puxemos a traballar no noso mural para o Día da Paz. Aquí vos deixo algunhas fotos do proceso e espero que xa dentro de pouquiño vos poda mostrar o mural rematadiño no corredor de infantil.
Que chulo ese Jonh Lenon!!! Que ganas de ver o resultado final.
ResponderEliminar