Hoxe tivemos un día estupendo na Pementeira. Empezamos con boa música da man de "A frauta máxica" de Mozart, unha historia que nos ten moi interesados porque iso de que o príncipe Tamino teña que ir cazar un dragón, obviamente, é emocionante. Hoxe coñecemos ás personaxes protagonistas (aínda que non todas): Tamino, Papageno, as Tres Damas, a Raíña da Noite e Pamina.
Papageno fixo que os nenos e nenas botaran unhas risas cando se asustou co dragón e cando as tres damas lle puxeron un candado na boca. A raíña da Noite tamén lles chamou a atención con ese aria tan difícil que poucas sopranos son capaces de cantar perfectamente ben.
Despois estivemos buscando intrusos nunha actividade impresa. Foi rapidísimo porque todos ospementeiros/as tiñan clarísimo que elementos non pertencían a cada conxunto.
¿Queredes buscar, tamén, os intrusos nestas imaxes?
Cómo trabajan estos niños para el día de la paz! Creo que también mañana va a haber alguna sorpresa, pero por aquí guardan muy bien el secreto y no hubo manera de que Mateo nos contara algo😆😆
ResponderEliminarSi, mira el como va dejando pistas!😂 Hoy me reí mucho con él. Me dijo que tenái que aprender mucho inglés porque va a ir a Disneyland París! Me encanta su espontaneidad y como disfruta las cosas!
Eliminar