¡Estamos que non paramos! Hoxe tivemos outro aniversario: Bruno xa ten 6 anos! Estaba moi contento cando chegou e quiso poñer unha coroa azul, a blue crown (aproveitamos para dicilo in English, xa que a cor blue estaba clara pero coroa era unha palabra nova en inglés), pero no momento de apagar as candeas e de escoitar oc "Cumpleanos feliz" estaba un pouco nervioso. A verdade é que verse así diante do grupo, con tanto protagonismo, coa cámara, todo iso impón un pouco pero Bruno aguantou otirón e xa se foi relaxando pouco a pouco.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 27 de enero de 2022
O CUMPLE DE BRUNO
Despois tomamos as galletas que nos trouxo Bruno, pero aínda nos sobraron así que mañán faremos unha excepción aínda que sexa o Día da Froita e tomaremos unhas galletiñas no patio.
Por último tocou facer o "Círculo dos eloxios" e, como é habitual, empecei eu dicíndolle unhas palabras a Bruno sobre as cousas que me gustan del e. a continuación, os compañeiros/as tamén lle adicaron os seus eloxios ao protagonista do día.
-Bruno, gústame moito ver a túa seguridade no cole, como te mostras tan autónomo e seguro de ti mismo. Tamén me gusta moito que te concentres nas tarefas e cando me fas caso si che fago algunha corrección, sin enfadarte. Outra cousa estupenda é ver como saes ao patio con enerxía e con ganas de correr, de xogar e de disfrutar cos teus compañeiros/as. Vexo que entendes ben o que debes facer no cole e non tes caprichos cando teño que chamarte a atención por algo. É estupendo verte disfrutar cos teus amigos. Felicítoche por aguantar esta semana ti solo no teu equipo sin queixarte nadiña.
- Gústame como fas os traballos e cando pintas sin ir por fóra.
-Gústame a túa enerxía.
- Gústame que xogues comigo no patio e como corres.
- Eres o meu amigo e quérote moito.
-Gústame xogar contigo e eres bo compañeiro.
- Gústame como fas os traballos e como escoitas á profe.
- Fas moi ben as fichas, xogas moi ben e gústame ser o teu amigo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
POESÍA E IOGA
Xa nos estamos mergullando nun dos núcleos do noso PROXECTO BLABLALANDIA , a figura da poeta Gloria Fuertes e a súa poesía. Empezamos po...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
A adquisición e mellora da motricidade fina é moi importante na educación infantil. Agora que estamos iniciando rutinas como a de poñer...
Bruno veu encantado de celebrar o seu cumple cos seu compañeiro , gardou a sua corona azul coma un tesoro
ResponderEliminarCómo me alegro! Porque sei que estaba emocionado, pero tamén nervioso e nas fotos vese tan serio que parece que non o paso ben, pero eu sei que sí. E hoxe volveu a disfrutar porque como tivemos máis tempo, aproveitamos para rematar as galletas e comeron un montón no recreo. Andaban todos mirando a ver si lle tocaba a S de supermán ou un planeta ou unha estrela. Estaban boísimas! Grazas!
EliminarParabens Bruno!!! Cómo me gusta velos disfrutar do seu día. Unha aperta e Felices 6!!!
ResponderEliminar