miércoles, 26 de enero de 2022

REGLETAS

     Levamos uns días traballando novos conceptos matemáticos como, por exemplo, a decena. Penso que todos os nenos e nenas da Pementeira entenden que 1 decena é o mismo que 10 unidades, 10 cousas. Agora temos que lograr que interioricen o termo, que vaian normalizando o uso da palabra.

    Hoxe  puxen un reto matemático: entre todos e traballando en equipo tiñan que entrar nun círculo unha decena de nenos/as. Iso implicaba organizarse e decidir quen entraba no circulo, quen non, cando había máis de dez dentro había que decidir cantos tiñan que saír, despois saína de máis e había que volver a mirar cantos tiñan que entrar, pero pouco a pouco foron organizándose e conseguiron formar unha decena de nenos/as dentro do círculo.







Despois enchemos as habitacións da casiña do 10, con todos os números que se compoñen dunha decena e unidades e fomos reflexionando como compoñer e descompoñer eses números. por exemplo o 11=10+1, o 12=10+2 etc.
















    Como esta actividade impresa foi tan rápida, aproveitamos para escribir un pouquiño. A partir do conto da maleta que lemos onte, entre todos decidimos que meter nunha maleta imaxinaria para facer unha viaxe a un lugar descoñecido. Cada un foi aportando ideas, algunhas foron descartadas porque non nos parecía moi axeitado meter algunhas cousas na maleta e outras decidimosque podía ser útil levalas. E así quedou a cousa. Por certo, os nenos e nenas foron escribindo eles solos algunhas palabras na pizarra e fixérono realmente ben! Están avanzando moito na lecto-escritura.



E non pensedes que xa acabou o día así. Non, non. Aínda tivemos tempo de merendar fóra (que se estaba moi ben co soliño), xogar un cacho nos tobogáns e balancíns e, despois estivemos coñecendo e experimentando coas regletas e descubrimos como podemos facer sumas, e descompoñer números. Foi moi interesante e dicvertido. Seguiremos xogando e practicando con elas máis días.



















       E para rematar, aquí está o noso Jonh Lennon e o noso "mandala" do Día da Paz. Os pementeiros/as quedaron moi contentos co resultado e, certamente, quedaron ben vistosos estes traballos cooperativos.









   Como vedes o día foi ben completiño. Aprendemos moitas cousas e disfrutamos un montón. Marchamos para o comedor, e para casa, ben satisfeitos e moi contentos. A única pegaque puxeron algúns pementeiros/as é que hoxe non lemos as poesías. Así que mañán hai que deixar uns minutos para esa tarefa.¡Cómo me gusta que me pidan que lles lea poesía!

1 comentario:

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...