Estamos a poucos días de empezar as vacacións de Nadal e temos que ir decorando o cole para ter un ambiente acorde con estas festas que se achegan, e que tanto gustan aos nenos e nenas.
Por iso facemos algúns elementos decorativos na aula e , tamén, vos pedimos ás familias a vosa colaboración para facer bolas de Nadal creativas e alegres. A verdade é que as profes quedamos encantadas coa participación de tanta xente e, sobre todo, coa imaxinación e ass dotes artísticas que mostrástedes porque chegaron bolas realmente bonitas. Parabéns a todos/as os que vos animástedes a colaborar nesta proposta. A aula de psico quedou superchula!
E para rematar, quería comentarvos que xa estamos facendo probas a ver quen soltándose a escribir e a ler, de xeito autónomo e estou feliz vendo que hai algúnhas alumnas e alumnos que o están facendo realmente ben. Síntense un pouco inseguros/as e pensan que non saben porque non son conscientes de que moitas das tarefas que facemos no cole teñen como finalidade última o acceso á lecto-escritura, pero eu non digo "imos aprender a ler e a escribir", ou "imos facer esta actividade que é para ensinarvos a ler", obviamente. Cando eu vou facendo certas tarefas de recoñecemento de fonemas e grafemas e de asociación de ambos, xa vou vendo quen vai percibindo esas conexións e quen vai identificando palabras e sílabas e pode ler palabras sinxelas. Pero sempre hai nenos/as que poden non demostrar o que van asimilando e poden pasar máis desapercibidos, por iso de vez en cando vou facendo certas cousas de maneira individual para ir descubrindo cousiñas que poden "escaparse". E estou moi contenta porque algunha nena que me dixo que non sabía escribir ningunha palabra, douse conta de que sí sabía e a cara de felicidade cando comproban que saben máis cousas das que pensan é impagable.
Agora imos ir pouco a pouco animándonos a escribir e a ler máis e de xeito autónomo e, a verdade, é que para estar aínda no primeiro trimestre, podemos estar ben contentos.
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario