¡Viva o roc´n´roll! Cómo nos gusta a música! Onte, mércores 15 de maio, visitamos a Fundación Camilo Xosé Cela para disfrutar dun animado e vitalista concerto de Pakolas que sempre nos fai rir, bailar, dar palmas e saltar nas nosas cadeiras. Foi moi divertido e liberamos moita adrenalina coa profe Lupe, furona bailona, a nave espacial, a guitarra politrónica e os debuxos de Laura. Estivo xenial!
E a música sempre é un bo recurso para celebrar a importancia da lingua, para aprender divertíndose e para crear vículos de unión entre a xente. Pero despois de cantar e bailar, regresamos ao cole e acabamos o noso florido mural de palabras fermosas, para deixar constancia do nosa admiración e amor pola lingua galega que nos agasalla con palabras cheas de sonoridade, de sentemento, de cultura e de personalidade propia.
Detrás deste bonito mural que fixemos conxuntamente todos/as os/as nenos/as de mestras de educación infantil houbo varios días de traballo, pintando, aprendendo palabras novas, escribindo e organizando toda esta obra. Finalmente, elaboramos un vídeo de palabras fermosas para axudar a que as nosas letras galegas florezan con todo o seu esplendor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario