Ao longo deste curso, un dos meus obxectivos fundamentais, moito máis que certas cuestións que podemos chamar "académicas", era desenvolver actitudes de colaboración, de responsabilidade individual dentro do grupo, de traballo en equipo, de compañeirismo e potenciar as ganas de aprender con alegría, con gusto, con curiosidade e coa emoción que implica descubrir o descoñecido. A elección do proxecto UBUNTU partía desa idea, de facerlle ver aos pequenos/as o importante que é formar parte dun conxunto, ter amigos/as e compañeiros/as e como as accións individuais poden axudar e contribuír ( e de feito axudan e contribúen) a mellorar a sociedade na que vivimos. Esta situación de pandemia que nos tocou experimentar (e espero que superar) penso que debería facernos ver que un único individuo non é nada, todos nos necesitamos, todos temos o noso papel dentro do grupo e todos debemos traballar para que a sociedade funcione axeitadamente. Na Pementeira, como grupo, como unha mini-sociedade humana, tamén todos/as son importantes e todos teñen as súas características, habilidades e capacidades. Pero como son 20, hai que pensar no que cada un pode facer para mellorar a convivencia e como pode contribuir ao funcionamento e desenvolvemento das diferentes actividades para, así, disfrutar e consecuentemente aprender moitas cousas. Non vou dicir que é fácil nin que xa esté logrado. Pero eu sigo insistindo. O grupo funcionará si cada un pon un pouco da súa parte e todos/as disfrutarán moitísimo máis se empezamos a pensar nese ben común.
Os pementeiros/as son intelixentes, aprenden rápido, teñen boa memoria cando están interesados en algo, coñecen ben as normas e rutinas básicas que temos que respectar e, tamén, disfrutan con multitude de tarefas. Pero como grupo, a min encantaríame que entenderan todo o que gañarían si deixaran de discutir, de pelexar e de protestar por todo. Dame moita pena a cantidade de tempo que "perdemos" antes de facer unha actividade que, finalmente, resulta que lles gusta e a disfrutan. Ás veces xa lles digo que a nosa clase é o mundo ao revés: se vai frío están en manga curta e agora que vai calor, teñen as sudadeiras e cazadoras postas (hoxe, 26 grados, e a maioría con chaquetas e sudadeiras postas, díxenllo vinte veces e non houbo maneira, ninguén tiña calor); se eu planifico unha actividade fóra, protestan e temos que entrar, pero si a actividade é dentro, entón protestan e queren saír; se os deixo xogar coas construcións, discuten e enfádanse en vez de xogar, se mando recoller os xoguetes porque non están xogando, entón queren xogar; se hai que pintar, queren bailar e se hai que bailar queren pintar. Total, que nunca acerto.
Pois ben, nesta línea de traballo na aula, hoxe decidín que íamos facer ioga colaborativo, ioga Ubuntu, coa finalidade de que vexan, valoren e comprendan o importante que é cada individuo dentro do grupo, os obxectivos que se logran cando cada un pon o seu gran de area e as cousas fermosas que se acadan se deixamos un pouquiño aparte o protagonismo individual e loitamos por chegar a un fin común. ¡Mirade o que conseguimos! Costou un pouquiño acadalo porque escoitar e seguir indicacións aínda costa pero, fixádevos como se pode traballar en equipo e lograr cousas fermosas. A eles/as cando se viron nas fotos encantoulles e escoiteu bastantes "moooooolaaaaa" que xurdiron espontáneamente. E eu sei cantas cousas lles gustan e disfrutan, pero dame pena que para chegar aí teñamos que perder tanto tempo.
¡Aquí está o resultado do noso ioga Ubuntu!
y además, qué estético, el yoga ubuntu!!! una gran idea!!
ResponderEliminarenhorabuena a todos los que van contestando a los retos pero, especialmente, a Pablo Canabal porque creo que investigó en todos los que se propusieron!!!! bravo por Pablo!!
y el puzle es una idea preciosa como concepto pero es que, además, quedó super bonito!!!!
ResponderEliminarQué traballos tan chulos!!!👏👏👏
ResponderEliminarCuanta razón tienes,es una pena que por ahora no se den cuenta lo bueno y bonito que es colaborar, compartir, no protestar por todo,ayudar y ser ayudado... pero poco a poco se darán cuenta.Yo ya veo algunas cositas en Pablo que están cambiando y para bien.
ResponderEliminarAcepta mucho mejor cuando las cosas que no le salen como él quiere y pide ayuda.
Con el yoga llegó a casa contentísimo de lo bien que les quedó y el puzzle precioso.
👏👏👏
María muchas gracias a Pablo le encantan los retos y eso que a veces no se acuerda de toda la información, pero lo intenta y para nosotros eso ya es bueno.
Buen fin de semana.
Es cierto, a Pablo le encantan los retos y a mi me encanta verlo entrar emocionado con su respuesta. Para mi eso ya es algo digno de valorar, que un niño quiera investigar, aprender, y se emocione descubriendo cosas nuevas y que, además, luego recuerda, es una actitud y una capacidad fundamental, es la base del aprendizaje, está desarrollando la motivación intrínseca, ese disfrute por aprender que no depende de una nota o de que alguien le dé un premio. Eso para mi es un objetivo básico, es lo que más me alegra como maestra, ver ganas de aprender y ver esa felicidad al descubrir. Tengo que felicitarlo a él y a todos los que se animan a investigar. Y felicidades también, a todas las familias que estáis ahí escuchando lo que os cuentan y buscando esas respuestas.👏👏👏
EliminarQue gran trabajo en equipo,felicidades!!
ResponderEliminar