Rematamos outra semana con celebración doble. Por un lado tocou celebrar o cumple de Bruno que xa chegou aos 6 anos cargadiño de ilusión, e por outro lado conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente (que en realidade é hoxe 5 de xuño).
A verdade é que o máis importante foi o aniversario de Bruno que xa entrou pola porta emocionado contando a sorpresa que lle dou a súa familia pola mañán e encantado de poder compartir festa, galletas e diversión cos compañeiros/as do cole. Apagou a candea con precisión, escoitou o cumpleanos feliz cantado polos compis, estivo moi atento no Círculo dos Eloxios a todas as palabras que lle adicaron os amigos/as e todos, incluída eu mesma e a profe Nuria, disfrutamos profundamente das galletas que nos trouxo Bruno (eso sí, desde aquí felicitamos á reposteira, que foi a súa mamá, con axuda de Bruno tamén claro, ¡vaia man que ten para facer galletas porque estaban insuperables!).
No Círculo dos Eloxios, comencei eu decíndolle a Bruno as cousas que aprecio e valoro nel:
- Encántame verte chegar contento pola mañán, cando entras no cole rindo e con ganas de contarme algo. Como hoxe que me dixeches emocionado a sorpresa que che deron todos na casa cando espertastes. Gústame cando te esforzas en solucionar cousas sin enfadarte, cando disfrutas compartindo (como hoxe tan contento coas galletas), cando estás alegre e queres xogar e rir cos compañeiros/as e cando queres investigar e aprender cousas novas. Si estás feliz, tes ganas de pasalo ben, atendes e ademais intentas facer ben as tarefas, entón xa todo iso fai que eu che admire moito.
Despois os compañeiros/as dixéronlle cousas como:
- Gústame como constrúes.
- Gústame cando nos encontramos no parque e xogamos xuntos.
- Gústame como fas ioga.
- Gústame cando te comportan ben.
- Gústame cando xogamos xuntos a Pokemon.
-Gústame que sexas o meu mellor amigo.
- Gústame cando investigas unha personalidade Ubuntu e nos contas cousas dela.
- Gústame cando te emocionas.
- Gústame cando sorrís.
A outra celebración do día foi a conmemoración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. O 5 de xuño é o día adicado a reflexionar, a valorar, e a insistir na importancia que teñen os nosos actos, as nosas vidas, para coidar o noso planeta, para tratar de convencer á poboación mundial sobre a relevancia da conservación da biodiversidade, a rexeneración dos nosos bosques, o coidado e respecto do nosos mares e ríos... Certamente non tivemos moito tempo para traballar máis a fondo estas cuestións onte, pero como ben sabedes, ao longo de todo o curso, estivemos insistindo moito en todas estas cuestións así que non é algo que lles resulte estraño aos pementeiros/as.
¡FELIZ DÍA MUNDIAL DO
MEDIO AMBIENTE!
E NON ESQUEZADES O LEMA: REIMAXINA, RECREA E RESTAURA.
felicidades Bruno!!! qué mayores se hacen estos pementeiros!!
ResponderEliminary qué buena labor estás haciendo en concienciación y educación de estos peques
feliz semana!
Gracias Teté por todo lo que haces y por tus bonitas palabras en su día,fue muy especial para el y vino muy feliz!! Gracias a todos y cada uno de sus compañeros 😘😘😘
ResponderEliminar