Hoxe estivemos repasando o concepto de decena e manexando as regletas para compoñer e descompoñer números. Aos pementeiros/as gustoulles moito descubrir o valor numérico de cada regleta (cada cor corresponde cun valor numérico do 1 ao 10) e despois estiveron buscando posibles combinacións para obter un determinado resultado. Foi unha actividade moi interesante, entretida e con moito valor para poder comprender a relación entre os números da serie numérica, para comprender a suma e a resta, para traballar as equivalencias, para desenvolver o razonamento lóxico e iniciarse no cálculo mental e moitas outras cousas, sempre dun xeito práctico, manipulativo e lúdico.
Eu quería, unha vez máis, potenciar o traballo colaborativo, a cooperación do equipo para chegar á resolución de problemas (non só matemáticos senón tamén de carácter relacional, de interacción entre iguais) e teremos que seguir insistindo nestas cuestións.
Todos comprenderon pronto o mecanismo de traballo coas regletas e disfrutaron buscando posibles combinacións numéricas para construir o número 10, e despois outras cantidades tamén. Unha vez máis insito en que son un grupo de alumnos/as con capacidade de aprender, con ganas tamén, participativos e moi activos. Iso é algo que me encanta nunha clase pero a pena é a cantidade de tempo que "perdemos" simplemente para organizar unha actividade, para explicala e para comenzala, para que me escoiten, para que no discutan por todo e para que comprendan que todos/as formamos parte dun mesmo equipo e que cun pouco de respecto e un mínimo de orden podemos disfrutar moito e, ao mesmo tempo, aprender.¡Non imaxinades o ben que o pasaron xogando coas matemáticas (que ata lles molestou que os mandase recoller porque había que marchar) e o difícil que foi iniciar a actividade!
Como seguimos traballando os ríos de Galicia, esta semana falamos do Umia, das augas termais, dos balnearios e ata dos romanos coas súas termas.¡E que os ríos coas súas augas traen moitas historias e contidos diversos!
Esta semana nas merendas con froita tivemos albaricoques, fresas e plátanos. Algúns pementeiros/as estanse animando a comer froita máis días que o mércores, pero a verdade é que son moi pouquiños aínda. ¡A ver si pouco a pouco se van animando máis!
Julia collendo unha froita por iniciativa propia!👏👏👏
ResponderEliminar🤣🤣🤣👏👏👏
Eliminar