sábado, 27 de junio de 2026

FIN DE CURSO 2026

    O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do festival aínda hai cousiñas que contar.

O primeiro é algo que a min me fai especial ilusión: o mural do patio para conmemorar o Día da Paz. Fai xa varios anos que o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propón a pintura dun mural co obxectivo de promover valores de cooperación, traballo en equipo, responsabilidade, respecto polas diferencias, amor pola arte como medio de expresión... O ser humano non só desenvolve tarefas encamiñadas á supervivencia física (como pode ser conseguir alimentos) senón que ten unha capacidade cerebral que implica a necesidade de crear, de expresarse, de medrar intelectualmente, de pensar de xeito crítico e de buscar un avance en todosos aspectos da súa vida. Xa os homes e mulleres que vivían nas cavernas tiñan ese afán de expresarse artísticamente, pintaban nas covas como documento visual das súas proezas na caza, como medio de expresión dos seus medos ou obxectivos, ou cunha función decorativa para poñer un elemento estético nesas grutas escuras onde se tiñan resgardar polas noites. Así que, aolongo da Historia da Humanidade a expresión artística estivo sempre presente mellorando as nosas vidas e deixando constancia de moitos feitos históricos.

     Por iso, os murais colectivos do patio que realizamos cada ano baixo o lema "Pintando pola PAZ" son importantes e especiais. Moitos nenos/as e mestres do centro colaboran deixando as súas pegadas neses muros grises enchendo de cores e de valores solidarios o patio de xogos como un recordatorio de que temos que traballar xuntos pola paz empezando polo noso entorno máis preto para despois avanzar.

    Este vídeo é unha recopilación do proceso de traballo e unha mostra de que todos/as somos importantes e podemos poñer un granciño de area na busca dun obxectivo común, desde os peques de infantil ata os maiores de sexto de primaria.

     A creación conxunta de obras, como este mural no patio, fomenta a colaboración práctica, a responsabilidade do grupo, mostra o interese por mellorar os entornos para facer máis agradable a vida de todos/as, visibiliza o sentido de pertenza ao grupo e a validación das capacidades e habilidades de cada un. Cando o alumnado se implica nestas tarefas de xeito voluntario está mostrando un desexo de contribuir a un ben común, un afán de expresarse e de compartir vivencias e permite crear lazos de comunicación e unión nun momento creativo e lúdico, relaxado e persoal, reflexivo e ao mesmo tempo distendido, que noutras actividades non é tan sinxelo acadar.

    O noso mural deste curso 2025-26 está cheo de paxaros de cores vivas, paxaros que voan entre o mundo real e o mundo da fantasía, mensaxeiros  que nos traen nos seus peteiros palabras cargadas de optimismo, que falan de valores universais, que simbolizan a paz e a concordia. Palabras que unen, que resolven conflictos, porque como dixo Ana María Matute: “A palabra é a arma dos humanos para aproximarse uns a outros“. Pintando xuntos compartimos emocións, recordos, soños, ideas e deixamos as nosas pegadas de cores nos muros grises do patio. 


    Outra emotiva actividade de final de curso foi a Graduación dos nenos e nenas da Sementeira que, rematado o ciclo de Educación Infantil, poñen rumbo a Primaria así que temos que despedilos con pena e tamén coa alegría de ver como medran e aprenden. A profe Ana organizou unha ceremonia de graduación ben bonita e todos/as disfrutamos moito vendo como os "maiores" recollían os seus diplomas e celebraban ter superados con éxito os obxectivos destes tres anos no cole. Foi unha celebración chea de sentemento, de risas, de aplausos, uns pouquiños nervios (que se notaban nalgunhas caras dos graduados e graduadas, o cal é lóxico porque todas as ceremonias de tránsito teñen a súa carga emocional), música, bailes e sentementos de fraternidade.
                   





































   E un momento moi bonito foi cando os alumnos e alumnas da Sementeira lle entregaron con moita alegría e todo o seu cariño un agasallo á súa profe, que os axudou a dar pasos adiante durante estes tres cursos de infantil.









 E, xa por último chegamos ao último díado curso, o día da entrega de  traballos do trimestre, as cualificacións e o Festival de Fin de Curso. Todos os que estivéchedes no centro ese venres 19 de xuño xa víchedes a actuación dos vosos fillos e fillas pero aquí comparto máis imaxes dese día e un vídeo do noso baile para que os que o desexen poidan volver a disfrutalo.





















































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO 2026

     O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do...