lunes, 9 de noviembre de 2026

A NOITE ESTRELADA

     Pouco a pouco imos avanzando no Proxecto Pharos, aprendendo cousiñas relacionadas coa luz e procurando conectar conceptos de diferentes eidos. O coñecemento non se fai por parcelas pechadas, por compartimentos estancos, senón que a medida que aprendemos cousas imos facendo conexións entre diversos contidos. Cantas máis conexións facemos entre conceptos, palabras, personaxes, historias, lugares etc. máis profuna e significativa é a aprendizaxe. cada día procuro que xurdan temas diferentes na aula e trato de ir poñendo baldosas no camiño que percorren os nenos e nenas para que os seus pasos sexan máis seguros e estables.

    O venres lemos unha fermosa historia sobre un pintor postimpresionista, un home de profunda sensibilidade, personalidade complexa, fortes emocións e inmensa creatividade. Un pintor incomprendido na súa época que fixo da pincelada e a cor o centro da súa expresividade: Vincent Van Gogh.


    Nesta historia hai moito sobre o que reflexionar e así o intentamos facer na aula nun pequeno faladoiro literario que improvisamos despois da lectura do conto (algo que tamén podedes facer na casa cando leades xuntos/as). Dous pementeiros e unha pementeira traballando en equipo foron explicando o que ocurría nesta historia e buscando qué elementos do conto podíamos poñer en relación co noso Proxecto Pharos. Entre os tres foron recordando moitos detalles do relato.
    Comprobamos que Vincent van Gogh é un artista moi relacionado coa luz xa que pintou xirasois, luminosos e intensos como o sol, pintou a  Noite estrelada chea de resplandor e de brillo das estrelas e a lúa e a Noite estrelada sobre o Ródano, onde ademais de pintar un ceo cheo de estrelas e coa mismísima Osa Maior no centro, tamén representou o reflexo das luces na auga.
   Vincent Van Gogh fixo algo moi novedoso na época que foi saír a pintar de noite, intentar representar partindo da observación directa o resplandor das estrelas. Para iso tiña que empregar artiluxios da època (non había linternas e a iluminación eléctrica aínda estaba empezando a experimentarse nalgunhas cidades, en rúas concretas) así  empregaba lámparas de gas para pintar pola noite buscando reflexar no seu lenzo a intensade desa luz estelar.
    Neste conto recóllese unha imaxe de Van Gogh pintando de noite con candeas pegadas no seu sombreiro. Parece que iso non é totalmente real, senón máis ben un mito popular que se foi transmitindo e gardando como algo certo. Van Gogh, nunha carta que lle escribeu ao seu irmán Theo, falando sobre a pintura Noite estrelada sobre o Ródano, di: "Por fin o ceo estrelado pintado realmente de noite baixo unha farola de gas."




   Encantaríame que, tras a lectura de Camille y los girasoles, todos os pementeiros e pementeiras recoñeceran estas insuperables obras de Van Gogh, disfrutaran observando as cores intensas e as pinceladas vívidas, e se animaran a expresarse libremente mediante o debuxo e a pintura.
   Polo de pronto, empezamos dando cor a un xirasol, como unha pequena homenaxe a Van Gogh, empregando marrón, laranxa e amarelo. Partindo dunha imaxe real desta flor, observámola para despois tratar de plasmala dun xeito máis ou menos real.

   Aquí tedes un pequeno resumo da sesión de plástica (estabamos escoitando Starry, starry night, de Don McLean, canción da que falo ao final desta entreda e comparto o vídeo, pero a miña cámara está un pouquiño vella e non recolle ben o sonido co cal preferín eliminalo).








 






 















   E mentres pintamos sempre procuro poñer música que nos axude a relaxarnos (fainos falta este curso que os ánimos están bastante alterados), a xerar sentementos agradables e emocións positivas e a manter a concentración. Nesta ocasión, como estamos coñecendo a Van Gogh parecíame ineludible poñer de fondo a emotiva canción que Don McLean lle adica a Vincent e que se titula precisamente Starry, starry night (Noite estrelada).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A NOITE ESTRELADA

      Pouco a pouco imos avanzando no Proxecto Pharos, aprendendo cousiñas relacionadas coa luz e procurando conectar conceptos de diferente...