jueves, 1 de febrero de 2024

O VOLCÁN PEMENTEIRO ENTRA EN ERUPCIÓN

 ¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo pero costou o seu tempo. Eso sí, as cousas que se fan esperar disfrútanse moito máis. E ademais, xusto hoxe estaban todos e todas na aula co cal, alégrame moito que o disfrutaran xuntos/as  e comprobaran que cando queremos temos tempo de facer moitas cousas divertidas.

    Pero vexamos o proceso completo. Despois de aprender moitas cousas sobre volcáns, ver imaxes, coñecer as partes que ten (aprender novo vocabulario), ver fotografías de diferentes volcáns do mundo, cantar cancións de volcáns, debuxar volcáns etc. empezamos a pensar en elaborar un volcán con barro e intentar simular unha erupción.

    Así que cunha peza de barro que tiñamos na aula empezamos a manipulalo, a tratar de desfacelo (porque estaba moi seco), a "amasalo" e modelalo para poder despois empregalo para modelar o noso volcán. En xeral, todos/as querían participar pero despois había certos reparos para tocar, apretar, e manipular con ganas o barro. vendo como quedaban as mans, pensamos que podía ser divertido deixar as pegadas nun folio de maneira parecida ao que facían os cavernícolas alá pola prehistoria.









































Cueva de las Manos (Patagonia-Argentina)
          

     Despois de experimentar co barro, empezamos a construir o noso volcán con pasta de modelar que,posteriormente fomos recubrindo cunha pasta similar pero de cor marrón para que o volcán fora máis realista. Como todos tiñan tantas ganas de facelo, deixeinos organizar a tarefa a eles, o único que lle pedín é que foran traballando por turnos, sen pelexas, con orden, cada un cun pouco de pasta que tiñan que manipular e colocar nunha base que eu lles colocara previamente. Déronse conta que non era tan fácil como pensaban e ninguén se animaba a empezar, despois empezaron a facer algo así como unha cacerola que, ademais, se derrumbaba co cal empecei a dar certas pistas e indicacións (para ver si van comprendendo que é bo escoitar ás mestras para facer as cousas), o seguinte paso foi ir amontonando  "planchas" de pasta de modelar (como dixo unha pementeira "a min esto paréceme unha torre de tortitas"), a continuación empezamos a presionar a pasta de papel para que se fora compactando e ao mesmo tempo fomos modelando o cono volcánico, dándolle máis anchura na base e menos na cumbre. E por último abrimos o cráter. 

























   Por último só quedaba poñerlle unhas árbores para que parecera que o noso volcán pementeiro estaba preto dalgún bosque, nun entorno moi natural. E unha vez finalizada a ambientación, chegou o momento de contemplar a erupción.




























2 comentarios:

  1. Que chulo quedó al final! La verdad es que Aileen está disfrutando mucho esta temática de los volcanes y viene todos los días contando las cosas que hace en clase y en casa esperamos con mucha ilusión tus entradas del blog para ver las fotos!! 🤗🤗🤗

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. La verdad es que lo disfrutamos, yo tenía ganas de que lo hiciesen todos juntos y viesen como salía la lava, sabía que les iba a gustar, y quedó bastante bonito. Ahora a ver si seguimos completando el paisaje. Gracias por tu comentario. Me alegra que tengáis ganas de ver el blog.

      Eliminar

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...