lunes, 12 de febrero de 2024

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!!

        O venres 9 celebramos un Entroido un pouco mollado e desapacible a causa da borrasca Karlotta que chegou con forza e ganas de desfacer os plans previstos. Pero bueno, a cousa finalmente foi bastante ben. Disfrutamos dos disfraces, dun pequeno desfile no patio cuberto, dunha rica merendola na aula de psico, da música e o baile, dos xogos, das fotos e da compañía dos amiguetes.

     A semana foi xa especial porque empezamos coas mandas do Meco, que nos fixo vir con zapatos diferentes, cos pantalóns recollidos, cun pano no pescozo e coa cara manchada. Finalmente chegou o momento de transformarnos en dinosaurios, piratas, vikingos, sereas, volcáns, pulpos, mariñeiros, buzos e ata a xoven  india Aouda, a quen Phileas Fogg coñeceu na India mentres daba a volta ao mundo. Todos os pementeiros/as estaban espectaculares, algúns con máis ganas de festa, outros con máis ganas de representar outras historias, uns querían fotos, outros estaban máis pendentes de xogar e de comer a merendola, cada un/ha disfrutou do día máis ou menos ao seu gusto pero, en xeral, eu creo que disfrutamos a tope  e nos gustou moito ver todos os disfraces.























































             

                                     


               

                

               







                                       

























































































































FELIZ ENTROIDO A TODAS AS FAMILIAS DE INFANTIL DO ROSALÍA!


1 comentario:

  1. Estaban todos xenial, a pena foi que non nos deixaran ir a velos desfilar pero que lle vamos facer o importante e que eles pasarono xenial e disfrutaron do seu día e estabades todos/as guapísimos. A ver si para o ano o tempo nos acompaña. Gracias polas fotos.

    ResponderEliminar

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...