Como xa sabedes, na Pementeira fixemos un cartel antibelicista coa finalidade de promover unha reflexión sobre os conflictos que están presentes no noso entorno máis ou menos próximo. Nas aulas, moitas veces, tamén hai conflictos porque costa compartir, costa ter paciencia, esperar turnos, cumplir certas normas que son importantes para lograr unha convivencia axeitada. Lemos moitos contos que nos falan de aprender a poñernos no lugar dos outros, de entender os sentementos dos demais, de coidar as cousas que temos e compartilas e, tamén, de aprender a ser responsables. Claro que son cousas complexas que os nenos e nenas de 4 anos non comprenden totalmente pero é importante promover estas reflexións porque é a maneira de medrar sendo mellores persoas.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo facer unha exposición de carteis que fixeran publicidade da paz, da amizade, da convivencia pacífica, do respecto polas diferencias, é decir, transmitir mensaxes positivos que nos posicionen contra a guerra e a violencia. Así que unha vez colocada a exposición co lema: CONTRA A GUERRA, CREATIVIPAZ, era o momento de ir visitala e de elixir o cartel que máis nos gusta de todos.
Seguimos enviando o Libro de Rimas Marinas ás casas para que poidades ler xuntos cos vosos nenos e nenas e , tamén, xogar co puzle, o memory e as palabras piratas. Como está en cada domicilio dous días, imos un pouco máis lentos que con outros libros que xa levaron. Os últimos afortunados foron...
Por outra banda, os peques trouxeron algunhas cousiñas máis para o recuncho do proxecto. Mirade! Sara trouxo unha pedra volcánica e Maia uns minerais moi interesantes.
Unha drusa de amatista. E tamén unha rosa do deserto.
Tamén algunhas nenas se animaron a debuxar volcáns e agora no recuncho temos un montón, Mirade que obras de arte!
E temos outro libro novo sobre volcáns que é moi interesante.
E, para rematar, aquí están as fotos da última sesión de ioga, do venres pasado, que resultou bastante productiva, Ata nos dou tempo de facer un divertido exercicio de ritmo ao rematar. Pasámolo moi ben.
Nestas sesións imos comprobando como cada vez os nenos e nenas teñen máis control motriz global e ainda que lles costa estirar ben os músculos e as articulacións, algúns xa poñen moita concentración, esfórzanse e logran unhas asanas moi bonitas. Percíbense moitos avances e o que se nota moito é como a través do ioga logramos coñecer mellor o noso corpo e aprendemos autocontrol e disciplina. Moitas tarefas que facemos ao longo da vida implican ser constantes e perseverar para mellorar. Intento que os peques comprendan que cando intentar facer algo, xa están no bo camiño. Animádeos a facer moitas cousas diferentes para ir descubrindo novos intereses e gustos.
Hoxedeixámolo aquí, pero aínda temos máis actividades para compartir con vós, algunhas moi, moi interesantes.
Xusto cando vimos as fotos de ioga comentamos as boas posturas que foron adquirindo estas e estos pementeiros. A seguir asi!!!👏👏👏
ResponderEliminarPor certo, Carla, cando estábamos a ver esta entrada, fíxonos o seguinte comentario.
(Que bien que Teté ponga nuestras fotos).
Canta razón!!!! MOITAS Grazas.
Pois grazas a ti por compartilo aqí, a verdade é que eu creo que é bonito que se vexan e se den conta de cantas cousas poden facer se queren. E espero que a medida que vaian medrando de vez en cando boten un ollo a estas imaxes para recordar moitos momentos divertidos, interesantes, moitos retos e superacións, moitos avances e pasos adiante. Grazas Lidia por visitar o blog e deixar o teu comentario.
Eliminar