viernes, 16 de febrero de 2024

MOITOS AVANCES

    Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que cada neno/a vai ao seu propio ritmo e as aprendizaxes van xurdindo de xeito natural en cada alumno/a de acordo co seu nivel madurativo, o seu interese, e o traballo que van facendo, por iso é importante non facer comparacións e disfrutar do proceso que vai vivindo cada uno, os pasos que van dando, unhas veces pasos máis longos e seguros, outras veces máis curtos e con máis prudencia, pero sempre son pasos adiante e iso hai que valoralo. 

   A finais do mes pasado, co obxecto de conmemorar o Día Da Paz e a Non Violencia, o Equipo de Normalización propuxo facer unha lectura de contos relacionados con estes valores de solidaridade, cooperación, defensa dos dereitos humanos etc. Como xa hai nenos e nenas en infantil que están rompendo a ler, na Pementeira tamén fixemos unha proba a ver se alguén podía ler un pequeno párrafo do libro "Wangari y los árboles de la Paz" e particpar, así, xuntos con outros nenos/as das aulas de 5 anos, na elaboración dun vídeo. O resultado foi fantástico, e quero felicitar ás pementeiras que se animaron a ler e o fixeron así de ben. Estou moi orgullosa delas e convencida de que cada día que pase irán soltándose máis nenos e nenas da aula, e nos mostrarán todo o que están avanzando. Seguro que sí, que cada día se irán animado máis nenos e nenas, e ademais aínda temos moito tempo antes de que acabe infantil para seguir avanzando neste proceso tan bonito que é aprender a ler e escribir. Aquí vos deixo o vídeo, que xa está colgado na web do cole´.


   Os pementeiros/as están moi interesados con isto dos volcáns e traen moitos debuxos e tamén libros para o recuncho. Estamos aprendendo moitas cousas sobre os segredos que se esconden nas profundidades da Terra, nas covas, como viven algúns animais baixo a terra que pisamos e que cousas fan  (que son fundamentais para a agricultura por exemplo). Á vez que aprendemos un montón de contidos sobre minerais, insectos, prehistoria, arte etc, tamén imos aprendendo vocabulario novo e traballamos lectura e escritura tanto en galego como en castelán. Tamén realizamos tarefas máis vivenciais como experimentar como pintaban os homes e mulleres que vivían nas cavernas por exemplo empregando barro. O libro de Rimas Mariñas segue viaxando, disfrutamos da lectura dos libros da biblioteca de aula e do recuncho do proxecto.






















































1 comentario:

  1. Nos xa viramos o vídeo e a Indira daballe vergonza porque trabouse decindo o de azúcar pero a min encantoume vela lendo, na casa encantalle intentar ler todo desde o que pon nos iogures ata o que ve en calquer papel , encantame ver cómo van avanzando a pasos axigantados

    ResponderEliminar

O ANIVERSARIO DE ANTÍA

     E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras  non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O ve...