jueves, 3 de febrero de 2022

TRABALLAMOS NA HORTA, PINTAMOS UN MURAL, INVESTIGAMOS UN RETO E XA SABEMOS RESTAR!!!

      É certo que, ultimamente, temos moitas festas porque os aniversarios hai que celebralos, por suposto. Sempre é estupendo celebrar a vida, celebrar que estamos ben, celebrar que temos amigos e formamos un equipo... Pero iso non implica que non fagamos moitas outras cousas. E hoxe temos moitas novedades que contarvos ás familias.

      O primeiriño de todo: esta semana xa estivemos practicando as restas. Antes de nada traballamos ese concepto matemático, que significa restar, e fixemos restas con obxectos comprobando que é moi sinxelo porque simplemente temos que comprender que restar é o mismo que quitar. Todos/as o entenderon requetebén.









  Despois xa fixemos restas nunha actividade impresa para ir familiarizándonos coa linguaxe matemática (os signos correspondentes, os formatos das operacións matemáticas). Foi unha actividade moi sinxeliña xa que só había que tachar os debuxos que indicaba cada resta e contar os que quedaban sin tachar. Así que non houbo problemas. Eso sí, é moi importante fixarse no signo da operación porque non é o mismo sumar que restar.



   Deixando as mates, agora imos falar do último reto plantexado. Como estamos escoitando a ópera "A Frauta Máxica" de Mozart, a pregunta que lles plantexei foi: ¿En dónde naceu Mozart? E varios/as pementeiros/as investigaron na casa e xa averiguaron que Mozart naceu nunha fermosa cidade de Austria chamada Salzburgo e tamén viviu en Viena. Aproveitamos para ver a famosa fortaleza, Hohensalzburg, que preside a cidade desde o alto da colina.


     E aquí están as investigadoras e investigadores que resolveron o enigma. ¡Parabéns para Jimena, Alonso, Mateo, Mauro e Hugo!

    A parte máis artística desta semana foi empezar a pintar o mural do patio. Os nenos e nenas da pementeira foron os primeiros en saír a traballar coas súas brochas para transformar eses bloques grises en imaxes cheas de cor que, ademais de alegrar os espazos de xogo, tamén nos transmiten mensaxes de paz e concordia. Ata o de agora, hai pouco espazo pintado pero xa vai encamiñado. As primeiras capas sempre son máis traballosas porque o bloque ten moitos poros, buratiños que costa encher de pintura pero pouco a pouco imos avanzando e, despois, darlle a segunda capa é moito máis rápido. A algúns nenos e nenas costáballe facer suficiente presión na brocha mentres que outros/as poñían todo o seu interese en tapar cada cachiño branco. O importante é que todos/as puxeron o seu gran de area e, entre todos/as, pintamos un bo cacho. Démonos conta de que a xente que traballa nas rúas, na construcción, en tarefas de mantemento nas estradas e cousas así, ten un traballo moi duro porque teñen que aguantar o sol e a choiva ou o frío. Nós, por exemplo. o mércores aguantamos só uns poucos minutos pintando porque os sol molestaba, reflexaba no blanco da parede e non era cómodo pintar alí. O xoves xa se estaba mellor porque estaba nublado. Aínda así estes traballos ao aire libre teñen os seusinconvintes e para nós é divertido porque o facemos poucas veces e estamos pouco tempo pero os que teñen que pasar moitas horas traballando fóra teñen moito mérito. Seguiremos mostrando os avances que fagamos.















                                         

                                         
                 
     E, por último, despois das actividades máis abstractas e intelectuais, as facetas de investigación e as obras de carácter expresivo e artístico, o único que nos faltaba por facer er mergullarnos na natureza e coñecer de primeira man e de xeito vivencial o traballo dos agricultores que tamén é digno de admiración e respeto. Hoxe visitamos a horte e Jose e Carmen estiveron contándonos un montón de cousas sobre as plantas. Vimos as ráces, aprendemos como podemos averiguar a idade dunha árbore, visitamos o invernadoiro, botamos abono, regamos, plantamos fresas, brécol, cebolas, cenouras, mostaza e ata podamos unha freixoa. ¡Cantas cousas aprendemos hoxe!



















































































   Aquí no cole, sempre hai algo que facer e non perdemos o tempo, non vos parece???

                                  
     E para rematar, quero compartir convosco os traballos que Icía está facendo na súa casa. Sigue moi atenta o blog para estar ao día e tiña moita ilusión en recitarvos unha pequena poesía que tamén estivemos recitando na aula. Así que, ¡parabéns, Icía, por seguir traballando na casa e por querer compartir cousiñas connosco! Por certo, o colgante do Día da Paz quedouche ben chulo!




1 comentario:

  1. Canta cousiñas fan estés pementeiros!!! Que ben que lles siga gustando ir plantar a horta e coidando as árbores plantadas en anos anteriores

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...