miércoles, 2 de febrero de 2022

DOBLE CUMPLEANOS

     E seguimos de festa! Nesta ocasión por partida doble xa que celebramos o cumple de Gala e Vera. Así que cada unha delas ten que ter o seu momento de protagonismo, soplar as candeas e escoitar os eloxios dos seus compañeiros e compañeiras no centro do círculo. As dúas estiveron de acordo en que querían a coroa dourada e estaban ben elegantes con ela.

























    Todos e todas disfrutaron das galletas que trouxeron Gala e Vera e fíxolles moita graza que precisamente se chamaran "Rebuenas" porque a verdade é que estaban ben ricas, como o seu nome indica, Como había bastantes galletas aínda as rematamos hoxe na hora do patio. Desde que volvemos das vacacións de Nadal estamos comendo galletas sin parar con tantos aniversarios que celebramos. E creo que ben pronto xa imos ter outroooo!!! ¿Quen será o próximo?
    E a continuación tocou facer o Círculo dos Eloxios, e comenzamos con Gala que estaba un pouco nerviosa escoitando o que lle dicían os seus amigos/as. Comencei eu adicándolle os meus eloxios:
  -Gala gústame moito cando vexo que te esforzas en facer as cousas ben, cando participas nas asambleas e cando consigues concentrarte e fas as tarefas con interés porque así sálenche ben as cousas e gústame ver eses bos resultados. Tiña ganas de que xa volveras ao cole e alegreime cando che vin chegar, gústame verte no patio correndo, disfrutando e xogando con todos. e encántame cando che vexo sorrir.
   -Gústame xogar contigo e que sexas a miña amiga.
   - Gústame como fas as tarefas e coloreas sin salir por fóra.
   - Gústame cando coloreas con cores bonitas.
   - Eres boa compañeira e gústame que sexas a miña amiga.
   - Gústame xogar contigo no patio.
   - Gústame que xogues con todos e que sexas a miña amiga.








   
     -Vera, encántame cando me dis que che gusta o cole e cando che vexo disfrutar con moitas actividades. Gústame ver o teu sorriso cada día. Encántame que teñas enerxía e ganas de xogar e falar cos teus amigos. Cando pos atención nas tarefas da aula e consigues bos resultados, estou moi contenta por ti. Gústame que teñas iniciativa e que te sintas segura de ti misma.
      -Gústame como traballas e fas as tarefas.
    - Gústame xogar contigo, eres boa compañeira e quero ser o teu amigo.
    - Gústame como xogas no patio e quérote moito.
    - Eres a miña amiga e gústame xogar contigo no parque.
    - Pintas moi ben e fas moi ben os traballos.
    - Gústame cando sorris e xogas conmigo, eres boa compañeira.












                                      


5 comentarios:

  1. Moitas felicidades Gala e Vera!!!🥳🥳🥳
    Icía tamén quere adicarlle os seus eloxios.
    Feliz cumpleanos!!
    Vera, gústame que xogues comigo, eres moi boa amiga, teño moitas ganas de volver o cole para darche unha aperta.
    Gala, tamén te quero moito e gústame como traballas.
    Apertas para todos os meus amigos😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Lidia 😊,teñen moitas ganas de xogar con Icia, pero en breve xa van a estar xuntas. Unha aperta e anímo!!

      Eliminar
  2. Ohhh moitas gracias por celebrar o cumpleanos ainda que non fose no propio día, xa que este ano outra vez non o puderon celebrar como era merecido. Pero elas querían ir o colexio porque sabían que alí o podía celebrar con todolos seus compañeiros e compañeiras e contigo Tete. Viñeron encantadas e contando o ben que o pasaron. ������

    ResponderEliminar
  3. Parabens GALA e VERÁ!!! Que maiores se van facendo e como me gusta ver o ben que o pasan festexando os seus aniversarios no cole. Apertas

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...