¡E chegou o seguinte aniversario! Nesta ocasión o protagonista do día é Mauro que estaba impaciente xa por celebrar os 6 anos cos seus compañeiros/as. Como vedes estamos que non paramos. Na Pementeira temos celebracións continuamente, isto parece unha carreira a ver quen chega máis rápido á meta dos 6 anos. Estes pementeiros/as teñen moitas ganas de medrar!!!
Mauro, coa súa enerxía habitual, chegou xa pola mañán recordándonos a todos/as que tocaba celebrar o seu cumple. Así que non había posibilidade de esquecerse. Apagou as candeas, mostrounos o seu mellor sorriso, escoitou o "Cumpleanos feliz" e repartiu as galletas. Despois do recreo fixemos o "Círculo dos eloxios" e prestou atención ás palabras que lle adicamos.
No "Círculo dos eloxios", como facemos sempre, todos/as pensamos qué cousas nos gustan de Mauro polas que podemos felicitalo e adicarlle un eloxio. Empecei eu dicíndolle o que valoro na súa forma de ser e no seu comportamento.
- Mauro, encántame o teu entusiasmo e ganas de aprender. Tes moi boa memoria e ganas de demostrar o que sabes. Sempre queres que eu poña retos e disfrutas investigando e traendo as respostas para compartilas cos compañeiros/as, e iso é xenial. Gústame cando fas as tarefas con calma, controlando a prisa que tes por rematar, cando te concentras e escoitas, e encántame cando vexo que estás feliz aprendendo cousas novas. Espero que nunca perdas a túa curiosidade e desexos de descubrir o mundo.
- Gústame moito como traballas e como fas as fichas.
- Eres bo compañeiro e gústame que xogues comigo.
- Gústame que colorees sin salir por fóra e como corres no patio.
- Eres o meu amigo e quérote moito.
- Gústame que xogues con todos no patio e eres moi bo compañeiro.
- Traballas moi ben e gústame xogar contigo.
- Gústame cando compartes cos demáis.
Aproveito xa esta entrada para mostrarvos a última sesión de ioga. Este venres iniciámonos nun novo tipo de práctica: ACROIOGA. ¿Qué é isto do acroioga? Pois é unha práctica que combina asanas, posicións de ioga, con acrobacias. Para esta modalidade de ioga temos que estar fortes, ter equilibrio e moita concentración, aprender a traballar en equipo e pensar nos demais, ser resistentes e disciplinados, colaboradores e con espíritu de superación. Así que traballamos moitas cuestións de carácter físico pero tamén valores éticos e emocións.
Como foi o primeiro día de práctica, houbo un grupo que non logrou a posición final pero seguiremos intentándoo en vindeiras ocasións. o segundo grupo, sin embargo sí que logrou facer a composición e quedaron felices por superar ese reto e ver o fantástico resultado. Seguiremos traballando nesta modalidade deportiva e intentando compaxinar os esforzos individuais co funcionamento do grupo. ¡Conseguirémolo!
Parabéns Mauro!!!🥳🥳🥳
ResponderEliminarEloxios de Icía;
Felicidades Mauro🎊🎉🎂.Gústame como fas as chichas😊
Icía quedou alucinada vendo a foto practicando acroioga está desexando poder practicala👏👏👏👏.
Noraboa, porque me parece súper complicado. Moi pero que moi bo traballo en equipo.
Parabens Mauro!!! Felices 6 anos!!!
ResponderEliminarE noraboa a todos eses grandes acróbatas de ioga