jueves, 24 de febrero de 2022

HOMENAXEAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

    Onte era a nosa obriga adicar o día a Rosalía de Castro, xa que era o seu aniversario e sempre é moi importante recoñecer a importancia da creación literaria no noso idioma e, ao mesmo tempo, valorar  o feito de que fose unha muller a que lle dese un forte impulso a ese Rexurdimento galego.


     Xa sabedes que a semana pasada estivemos decorando unha corche na que escribimos unha estrofa dun poema de Curros Enríquez adicado precisamente a Rosalía. Os compañeiros e compañeiras das outras aulas de infantil encargáronse de facer o mesmo coas outras estrofas do poema e, finalmente, puxemos nun pentagrama as catro figuras musicais co poema completo.


E onte a homenaxe do cole foi plantar unha figueira no seu honor.

















        E agora, últimas fotos coas mandas do Meco xa que mañán haberá fotos espectaculares dos disfraces. Algúns pementeiros/as xa me contaron de que van vir, outros/as daranme a sorpresa. ¡Estou desexando velos!











Ata mañán! Todo o mundo a descansar ben que mañán é un día importante!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

IOGA, XOGOS, RETOS E MOITA DIVERSIÓN

   Fai xa tempo que non mostro os avances que imos facendo nas sesións de ioga. Como hai tantas cousas que contar, parece que as rutinas, a...