lunes, 28 de febrero de 2022

ENTROIDO MUSICAL 2022

     O venres 25 celebramos o Entroido 2022 con moito ritmo, con alegría, cun montón de artistas e celebridades que apareceron polas aulas de infantil e, sobre todo, con ganas de festa e de compartir momentos inesquecibles. O Entroido é unha celebración que nos permite soñar, crear historias, imaxinar situacións fantásticas, compartir ilusións e botar unhas risas cos creativos disfraces que cada neno e nena portaba co estilo e a actitude axeitados para a ocasión. O mundo da música dá moito de sí para elaborar disfraces e así foi. Na Pementeira estiveron presentes rockeiros/as e rapeiros, bailarinas e pandereteiras, pianos e partituras, a Fada de Azucre (do Crebanoces) e artistas archirecoñecidos como Freddy Mercury, Michael Jackson, David Bowie, Rosalía, Olivia Newton-John e Elvis Presley.

       Para que todas as familias podades facervos unha idea de como foi a celebración deste Entroido, aquí vos deixo dous vídeos coas fotografías que sacamos cos nosos disfraces e cos momentos estelares da festa, así como o pequeno desfile que organizamos en infantil para que todos os nenos e nenas tivesen a oportunidade de disfrutar cos disfraces dos compañeiros/as das outras aulas de infantil.



    Por si alguén quere descargar algunha foto que teña ganas de gardar de recordo, aquí quedan sin marcos e sin efectos engadidos. Tamén hai imaxes que non incluín nos vídeos, por exemplo da merenda e das selfies que Elvis quixo facer con todos os artistas da Pementeira.


                                       

                                       

                                       

























    

   

                                 

                                 


         Tamén nos visitou Manolo ataviado de Xeneral da Ulla.

                                      
















   Espero que nas casas estedes disfrutando do Entroido dentro da prudencia dada a presencia aínda deste virus que nos está impedindo celebrar estas festas como realmente quixéramos. Pero quero reiterar que temos moita sorte de atoparnos ben, de ter sentido do humor e ganas de pasar bos momentos con estes nenos e nenas cheos/as de ganas de vivir. Así que grazas a todos/as os que mantedes ese espíritu festivo e quixéchedes transmitirllo aos vosos/as fillos/as para que o trouxeran ao cole e viviran este Entroido con alegría. Espero que tamén pasárades uns minutos agradables, divertidos e familiares vendo estas fotos e vídeos. ¡Bo Entroido ás familias pementeiras!



7 comentarios:

  1. Pero qué guap@s tod@s!!! Y qué bien lo pasasteis!!👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí que fue divertido. Nos queda la pena de no poder hacer la "merendola" conjunta con los otros compañeros/as de infantil y bailar todos juntos pero, al menos, hicimos nuestro pequeño desfile para ver todos los disfraces y mantener esa unión de todo el ciclo de infantil que nos gusta mantener. Lo importante es que los niños y las niñas lo pasaron bien. Decía una niña mientras comía un aspito: "Esta es la mejor fiesta de mi vida"😂😍🎵 Y eso ya lo dice todo. Poco les hace falta para disfrutar y el Carnaval, yo creo, es una de esas oportunidades de celebrar juntos, de romper las rutinas, de imaginar, de reír y de luchar contra las cosas tristes de la vida. Fue un día estupendo! Y con tanto artista más!

      Eliminar
  2. Ahiiii que clase de artistazas Tete, todos están fantásticos. Y lo mejor que lo pasaron de maravilla, bailando, cantando... viva el CARNAVAL!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues sí, Viva el carnaval! Lo pasamos bárbaro, con la música y en buena compañía. ¡Tenemos suerte de poder disfrutar estas pequeñas cosas tan importantes: una pequeña fiesta con galletas, unos bailes juntos, juegos con amigos, fotos divertidas, imaginación! Visto lo visto, somos afortunados de tener todo esto. Vamos a intentar que estos/as artistas sigan disfrutando cada día y aprendiendo también a valorar las buenas experiencias que vivan!!!!!

      Eliminar
  3. Pero que guapos e guapas estábades tod@s!!! Espero que disfrutárades monito dos entroido e da música

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiiii! Pasámolo xenial, a verdade só vendo as disfraces tan creativos e divertidos xa pasamos un bo rato e despois, con música, xogos, desfiles e unhas galletiñas xa foi un día redondo 😂😂🎵🎵🎵👏👏👏

      Eliminar
  4. Espectaculares!!!!🤩🤩👏👏👏

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...