Voltamos ao cole despois da paradiña do Entroido e xa empezamos coas nosas celebracións. Hoxe celebramos o aniversario do pementeiro Teo que xa ten 6 anos. Estaba moi contento e tamén un pouco nervioso, e non é para menos porque non se cumplen 6 anos todos os días, verdade?
Apagou as candeas con brío e boa puntería, mostrou o seu habitual sorriso, escoitou nervioso e eocionado a canción que lle adicaron os compañeiros/as e repartiu as galletas en cada un dos equipos.
A continuación chegou o momento do "Círculo dos eloxios" que nos permite agasallar ao compañeiro con mensaxes que lle fan ver as cousas boas que todos apreciamos nel. Como é habitual comencei eu dicíndolle o que me gusta de él:
-Encántame o bo carácter que sempre mostras, a túa alegría cando chegas polas mañáns contando algo divertido. Gústame moito ver o teu sorriso, ver as túas ganas de aprender, cómo che interesan as cousas das que falamos no cole, e que che levan a querer investigar. Tamén me gusta ver a túa enerxía xogando no patio, correndo a toda velocidade, imaxinando historias e disfrutando. Unha cousa que quero destacar é que o día do Entroido cando repartín os Aspitos, tí enseguida me dixeches: " Espero que queden algúns para Jimena e Samuel que non viñeron ao cole". Pareceume moi bonito que te acordaras deles .
E despois, os compañeiros e compañeiras adicáronlle estas mensaxes:
- Gústame moito ver o teu sorriso e xogar contigo.
-Eres moi bo compañeiro, gústame ser o teu amigo.
-Gústame como xogas con todos no patio e gústame que xogues comigo.
-Gústame ver a túa enerxía e eres moi bo compañeiro. Quérote moito.
-Gústame como fas os traballos do cole e como aprendes.
- Gústame que te acordes dos demais e como compartes. Eres moi bo compañeiro.
-Gústame con coloreas e como traballas e eres o meu amigo.
-Gústame ver que estás alegre e xogar contigo no patio.
Parabéns Teo!!!🎂🎂🎊🎉🎊
ResponderEliminarFeliz cumple Teo!!! Agardo que tiveras un bo día de aniversario e puideras festexar os 6 años por todo o alto. Unha aperta
ResponderEliminar