Levaba xa unha temporadiña sin poñer no blog os últimos retos que fixemos na aula. En concreto penso que quedaban tres sin compartir:
1.- ¿Cales son as diferencias entre o corpo dun home e o dunha muller?
Esta pregunta xurdeu porque estivemos observando unha pequena estatua africana de madeira e os nenos e nenas non sabían dicirme si representaba a un home ou a unha muller, co cal resultaba procedente analizar detalles que nos levaran a concluir o que era. Por suposto, eu non tiña dúbida de que sabían perfectamente as diferencias anatómicas entre homes e mulleres pero como non se animaban a verbalizalas pensei que estaría ben que lles dera ese tempo para falalo en casa e traer as súas respostas coa mesma naturalidade que traen outro tipo de retos. Teño que dicir que algunhas pementeiras/os trouxeron unhas explicacións moi completas. ¡Xenial! Parabéns para Jimena, Hugo, Rosalía, Gala, Vera e Aarón.
O venres 11 de marzo falando de música, como é tan habitual na Pementeira, díxenlles aos nenos/as que o sábado estaba de cumpleanos unha famosísima cantante que ademais forma parte do grupo de artistas do noso panel, co que pasamos lista cada día. Clara Torreira, Teo e Aarón averiguaron que se trataba da xenial Liza Minelli. Sí que aproveitamos para vela e escoitala nun número musical da fantástica película "Cabaret" e tamén cantando a archicoñecida canción "New York".
3.- ¿Cal é a montaña máis alta de África?
Kirikú é un relato que sempre triunfa entre nenos/as e adultos tamén, hai que dicilo. Con este pequeno neno africano aprendemos un montón de cousas. Aprendemos a palabra FETICHE e comprendemos o seu significado, coñecemos unha árbore que se chama FLAMBOYÁN. Coñecemos unha nova cor, o azul ÍNDIGO ... e fala que fala de África, era o momento de investigar cal é o monte que alcanza maior altura nese continente. Mauro, Hugo, Mateo, Jimena, Carmen López e Rosalía averiguaron que o Monte Kilimanjaro é o de maior altitude en África. ¡Parabéns investigadoras e investigadores!
E xa para rematar aquí vos deixo as dúas últimas sesións de ioga. Traballamos diferentes asanas como por exemplo as tres posiicóns dos guerreiros. Virabhadrasana 1, 2 e 3, e tamén Bujanghasana e Ustrasana (e tamén contamos as historias que explican estas asanas)
Pero canto traballan estes cativos/as da pementeira. Cómo se esforzan para resolver os retos e practicar ioga.
ResponderEliminarEncantoume ver o vídeo das mulleres da comarca, pois fíxome ilusión atopar a profe Andrea (que estivo con nós de prácticas o curso pasado) e é unha das pandereteiras.