Como xa sabedes estivemos lendo a historia que Mozart nos conta na súa famosa ópera "A frauta máxica". Disfrutamos moito vendo como Pamino intentaba cazar ao dragón, como Papageno contaba mentiras facendo ver que era moi valente, como a Raíña da Noite lle pedía a Tamino que rescatara á súa filla Pamina, como chegaban ao Templo da Sabiduría e descubrían que Sarastro non era malvado e, sobre todo, disfrutamos con certa tensión tamén das diferentes probas que Tamino, Papageno e Pamina tiveron que pasar para demostrar que tiñan un espíritu puro e que non querían defender a oscuridade e maldade da Raíña da Noite. Botamos unhas risas cando Papageno tropezou con Tamino, cando lle puxeron un candado na boca e non podía falar e cando coñeceu ásúa amada Papagena. Sentimos un pouco de preocupación cando Monóstatos agarraba con forza a Pamino ou cando Tamino e Pamina entraron nunha gruta chea de correntes de lava e torrentes desenfrenados. Pero respiramos con alivio cando, finalmente, a luz e a sabiduría triunfaron frente á noite e a ignorancia.
Fixemos algunhas actividades impresas e tamén nos achegamos á lectura dunha partitura vendo como podemos interpretala para poder tocar unha melodía nun metalófono por exemplo.
Ademais de tocar o metalófono, tamén fixemos debuxos sobre "A frauta máxica".
No hay comentarios:
Publicar un comentario