miércoles, 30 de marzo de 2022

DÁMOSLLE A VOLTA A UNHA NOTICIA

       Para conmemorar a Semana da Prensa, participamos nunha actividade que se plantexou no cole e que consiste en "refacer" unha noticia publicada nalgún periódico. Sabemos que ultimamente as noticias que stamos lendo nos xornais, ou escoitando nos outros medio de comunicación de masas, non son especialmente positivas ou gratificantes. Así que a nosa misión foi transformar unha noticia negativa para convertila nunha nova positiva que todos quixéramos que fora a que aparecera publicada.

       Como consecuencia da invasión de Ucraína, moitas familias e, consecuentemente, moitos nenas e neas tiveron que abandonar ese país para fuxir da guerra. Agora teñen que instalarse en países diferentes, sin coñecer a súa lingua en moitos casos, sin identificarse coas súas mostras culturais, sin ter a súa casa, roups, libros ou xoguetes, sin estar con parte da súa familia e amigos... A verdade é que a situación non é nada envidiable, moitos nenos/as sufren traumas, teñen medo e ansiedade a causa  do que lles tocou vivir. Pois ben, nos collemos esa noticia sobre os nenos e nenas que van chegando ao noso país fuxindo do conflicto armado e transformamos esa información real nunha viaxe cultural, de intercambio, de aprendizaxe, de comunicación e de transmisión musical. ¡Canto nos gustaría que todas as viaxes foran orixinadas pola liberdade e a cultura e non pola guerra e o medo!






        Aproveitando a noticia, investigamos un pouco sobre a música tradicionalde Ucraína e coñecemos o Hopak e mesmo o estivemos vendo nun vídeo de youtube. Así na Semana da Prensa seguimos traballando cousiñas do proxecto Musiqueando, e seguimos traballando a lecto-escritura, a creatividade, o traballo en equipo e ata xeografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...