viernes, 4 de marzo de 2022

NON Á GUERRA

     Os tristes acontecementos dos últimos días foron tema de conversación nas nosas asambleas. Os nenos e nenas de infantil non son alleos/as ao que sucede no mundo e está ben que sexan conscientes, na medidad da súa capacidade comprensiva, da realidade do mundo no que vivimos. É certo que a invasión de Ucrania por parte de Rusia non é, nin moito menos, o único conflicto armado que está tendo lugar no mundo, pero é un suceso que nos fixo ver claramente dun día para outro o que significa unha guerra, o cerca que estamos todos de vernos involucrados nunha situación de auténtica destrucción e o vulnerable que é a paz e a estabilidade social.

    Si consultamos información actualizada podemos comprobar que existen unhas 65 guerras activas no mundo. Normalmente nin o pensamos, temos moi asumido que non nos afectan, que están lonxe, que ocurren en países do terceiro mundo ou cousas similares e iso fai que sexamos moi insolidarios coa xente que ten que fuxir do seu país e refuxiarse noutro lugar máis seguro para salvagardar a súa vida e a da súa familia.

   E agora, así sin que a maioría da xente corrente o esperásemos, estala un conflicto de gran calibre que percibimos cercano e que , realmente, conleva moitos riscos reais para Europa como mínimo. 

    Aínda que os pementeiros/as non comprenden a profundidade desta guerra. e das demáis que están a suceder, sí que saben que está ocurrindo e non debemos desperdiciar esta ocasión para reflexionar con eles/as, de xeito sinxelo pero con toda a claridade conceptual que sexa posible, sobre o que significan as guerras e as consecuencias que teñen.

   Como vos dicía, o tema xurdiu na asamblea así que estamos traballando sobre diferentes cuestións relacionadas coas noticias de actualidade que nos chegan por todas partes e estou tratando de encamiñar as nosas reflexións cara o que deberíamos facer para lograr a paz, e que actitudes e accións poderíamos desenvolver para evitar as guerras. Gustaríame que a nosa aula fose un lugar de reflexión pero tamén un espazo educativo de primeiro orden enfocado á estimulación de valores éticos e morais que permitan que este mundo sexa mellor no futuro. Familias pementeiras, ¿queredes axudarme? Nós fixemos un pequeno vídeo hoxe no cole para recordar e insistir que a PAZ non se traballo só o 30 de xaneiro senón cada día do ano. Si estades de acordo comigo, propóñovos que vós fagades algo cos vosos/as peques en casa para deixar constancia da vosa oposición á guerra. Pode ser un debuxo, unha declaración de principios gravada co móbil por exemplo, unha estrofiña dunha canción que fale de paz cantada en familia, unha foto coa palabra PAZ escrita nun lugar que nos sorprenda ou dun xeito orixinal... ¿Quen se anima? xa sei que son cousas simbólicas pero penso que pode ser un xeito de mostrarlles aos nenos e nenas que somos sensibles a estas duras situacións e quizá iso sexa un primeiro paso para orixinar outras accións máis directas e importantes.

 A PEMENTEIRA DI NON ÁS GUERRAS


  Xustamente hoxe, 4 de marzo é o aniversario de MIRIAM MAKEBA, unha cantante sudáfrica que nos fixo bailar coa súa música pero que non só cantaba senón que utilizou os escenarios e a súa voz e presencia para defender os dereitos humanos e loitar contra o apartheid. Hoxe, falamos dela na Pementeira, dentro das actividades do noso proxecto Musiqueando, e escoitamos a canción máis coñecida dela: "Pata Pata".


  Tamén hai un vídeo de Just Dance para bailar con moito estilo esta canción por si vos animades na casa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...