Como xa sabedes, durante este mes de marzo estamos traballando moito sobre a PAZ. Aínda que celebramos o Día da Paz o 30 de xaneiro, é evidente que non debemos esquecer que é un tema que ten que estar presente nas aulas e nas familias cada día do ano. Actualmente hai uns 64 conflictos armados no mundo. O máis recente e presente nos medios de comunicación día a día é a invasión de Ucraína por parte de Rusia, pero non deberíamos esquecer que tamén hai conflictos armados en Israel e Palestina, Afganistán, Yemen, Haiti, Myanmar, Etiopía etc. etc. Non vivimos nun mundo ideal precisamente así que considero que todos deberíamos traballar para que os nosos nenos e nenas aprenderan a compartir, a respectar, a valorar todo o que teñen, a disfrutar dos amigos, a ser solidarios, a vivir con alegría pero tamén con responsabilidade, a expresar o que sinten escoitando e respectando igualmente os sentementos dos demais... Cada día insisto no importante que é manter a paz na aula, sin discutir por calqueira cousa cos compañeiros/as, respectando as normas que nos permiten facer as diferentes actividades co tempo e os espazos dos que dispoñemos, escoitando as explicacións da profe así como as aportacións de todos/as e cada un dos/as nenos/as... Todos os días, aínda que non fóra unha mañán todo o perfecta que a min me gustaría, despedímonos cun sorriso, sempre, porque tamén é moi importante poder pasar páxina e non marchar enfadados/as xa que se un día non foi tan bo como quixéramos, aprendemos algo que nos vai permitir mellorar ao día seguinte.
Na Pementeira empezamos o 7 de marzo unha actividade moi relacionada con todo isto. En vez de insistir en todo o que vai mal no mundo, nós decidimos crear un país novo no que queremos facer cousas boas, se fóramos presidentes e presidentas dese país, en lugar de fabricar bombas e misiles, fabricaríamos outro tipo de cousas, en lugar de invadir países veciños , procuraríamos realizar outro tipo de iniciativas...
1.- O primeiro paso foi inventar o nome do país. Fixemos un "Remuíño de ideas" e saíron moitos nomes para este país pacífico:
PAZARIA - CALMAFLOR - COPO DE NIEVE - BESOS -
AMISTAD IMPARABLE - LINDO - FRUTAL - ESTRELLA -
ÁRBOL DE LA PAZ - A MÚSICA - AMIGOS - LIBERTAD -
PALOMA CARIÑOSA - ABRAZO - CARIÑO - FELICIDAD -
AMOR - CORAZÓN SUAVE DE LA FAMILIA - IMAGINE -
OSO AMISTOSO - LÁPIZ - CAMPANILLA DE LA AMISTAD -
DESEO - SOLBRILLA - DANPAZ - GATO DE LA PAZ -
NATURALEZA INTACTA - AMIGOS DE LA PAZ - CORAZÓN-
PAPÁ NOEL CARIÑO - PAÍS DA PAZ
2.- O segundo paso foi votar o nome que máis nos gustaba. Cada neno/a tiña que elixir o seu nome favorito de todo o listado e darlle un voto. Finalmente gaño IMAGINE con 6 votos, seguido de OSO AMISTOSO con tres votos e ÁRBOL DE LA PAZ con outros tres votos e outros oito nomes que só conseguiron un voto.
3.- O terceiro paso foi o máis complexo e que supuxo máis traballo de reflexión, imaxinación, expresión e organización. Entre todos falamos de todas as cousas que nós poderíamos facer en IMAGINE si forámos o/a presidente/a para que a xente poidera vivir en paz, feliz, sin dificultades e sin ganas de atacar a ningún outro veciño. Fixemos un listado de todas esas iniciativas que levaríamos a cabo e despois cada neno/a fixo o debuxo dunha desas aportacións.
4.- Para rematar elaboramos un vídeo con todas esas ideas. No parte final do vídeo engadín unhas imaxes de pombas pintadas coas cores da bandeira de Ucraína que nos pediron desde o Concello para facer unha exposición. Como nós xa estabamos traballando todo isto, decidín incluilas no montaxe final do noso vídeo para mostrar tamén o noso apoio a toda a xente que sufre a causa das guerras.
E aquí está o vídeo "PAZ NO MUNDO. STOP WAR!"
¡BRAVO POR EL VÍDEO! Y cuánto deberíamos aprender de los niños!
ResponderEliminarEstá genial el vídeo!!con las ideas de los pementeiros, el mundo será muchísimo mejor!!
ResponderEliminarQue bonito vídeo 🥰🥰🥰
ResponderEliminarAlégrame que vos guste porque traballamos moito para facelo e compartir con todas as familias estas ideas sobre un mundo mellor no que os presidentes de goberno empreguen os cartos en facer todas estas cousas que nos alegran a vida en vez de gastalos en armas, bombas e misiles, verdade? espero que estas cousiñas vaian deixando un pouso nestas mentes en formación e no futuro o mundo sexa un pouco mellor. Grazas por visitar o blog e deixar os vosos comentarios.
ResponderEliminar