UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 21 de marzo de 2022
PRESENTACIÓN "INSTRUMENTOS AFRICANOS"
Rematamos a nosa presentación sobre instrumentos africanos. Non é que xa os coñezamos todos, claro, pero polo menos os que temos na aula sí. Entre todos queremos mostrarvos o BALAFÓN, o DJEMBÉ, a KORÁ, o AXATSÉ (ou shekeré), o CAXIXI, o CAS-CAS, o TBILA e a CALIMBA. Todos son instrumentos de percusión excepto a Korá que é de corda. Neste caso, todos estes instrumentos viñeron de Costa de Marfil. Veredes tamén que algúns nenos/as levan posto un sombreiro Mossi, tamén africano, concretamente de Burkina Faso (a terra de Yacouba Sawadogo que coñecemos o curso pasado).
Estivemos coñecendo estes instrumentos, escoitando o seu sonido, vendo os materiais dos que están feitos e tamén disfrutamos escoitando a verdadeiros artistas, como Sona Jobarten, que saben tocar con maestría e moito ritmo.
Tamén aproveito para compartir outro vídeo musical no que traballamos o ritmo, a percusión corporal, o emprego de instrumentos sinxelos elaborados por nós mesmos (unhas maracas), a atención e concentracióm, o traballo en equipo... A canción empregada para todo isto é "África" de Toto cantada maxistralmente pola Angel City Chorale (á que nós lle copiamos a "performance"). Esta era a segunda vez que o facíamos, así que temos que practicar máis e mellorar a coordinación e o ritmo. Pero penso que está moi ben e que, pouco a pouco, imos "entrando" na música, nos diferentes ritmos e creando grupo, funcionando xuntos/as, aprendendo a formar parte dun equipo. En xeral logramos bastante sincronización e o máis importante, tamén disfrutamos desta fermosa canción de Toto.
E como xa estamos na primavera, hoxe decoramos a nosa pizarra con flores debuxadas (cada un fixo a súa).
OoooooH! qué alegría Enzo! Qué feliz me hace que me escribas y veas el blog. Seguro que también Icía se pone muy contenta al ver que su hermano mayor valora su trabajo, y el de los compañeros. Muchas gracias! Te mando un beso fuerte!
👏🏻👏🏻👏🏻 Bravo! Que momento tan máxico!. Gracias por ensinarnos tantos instrumentos. E que chulas vos quedaron as flores.
ResponderEliminarHola profe Teté soy Enzo. Me encantó el vídeo, además me vino genial porqué estoy estudiando la familia de instrumentos. Lo hacéis genial todos👏👏👏👏
ResponderEliminarOoooooH! qué alegría Enzo! Qué feliz me hace que me escribas y veas el blog. Seguro que también Icía se pone muy contenta al ver que su hermano mayor valora su trabajo, y el de los compañeros. Muchas gracias! Te mando un beso fuerte!
EliminarQue chulo o vídeo dos instrumentos africanos e o mural da primavera!!!
ResponderEliminar