Estamos que non paramos. O venres tivemos, de novo, celebración de aniversario. Nesta ocasión tococulle o turno a Icía que xa forma parte do clube dos 6 anos. Como é habitual nestas ocasións, notábase perfectamente que Icía estaba emocionada e nerviosa pero penso que disfrutou moito do día. Fixemos parte da celebración fóra e outra parte dentro porque empezou a nublarse e a facer un pouco de vento e decidimos facer o Cïrculo dos Eloxios na aula.
Pero o primeiro foi apagar as candeas, escoitar a canción de "Cumpleanos feliz" e degustar as deliciosas galletas que trouxo a raíña do día.
Finalmente chegou o momento do "Círculo dos Eloxios" e todos/as lle adicamos unhas palabras cheas de cariño a Icía expresando que cousas nos gustan dela. Comencei eu dicíndolle:
- Icía, gústame moito que sexas cariñosa e sempre teñas ganas de dar abrazos. É bo querer aos demais e demostrarlles afecto. Cando nos abrazamos sentímonos mellor, estamos cerca uns dos outros e non nos facemos dano nin nos pelexamos. Tamén aprecio cando te esforzas nas tarefas do cole para facelas ben e aprender máis cousas. Gústame ver o teu sorriso, encántame cando observas un baile na PDI atentamente e imitas os movementos con moito interés e tamén me gusta verte disfrutar xogando cos teus amigos e amigas. Os compañeiros e compañeiras dixéronlle cousas como:
- Gústame xogar contigo e que me des abrazos.
-Gústame como coloreas sin ir por fóra e que te esforces en facer os traballos ben.
-Gústame como fas as posicións de ioga.
-Gústame ver o teu sorriso, eres boa amiga e quérote moito.
-Gústame como compartes e como xogas no patio.
-Eres boa compañeira e quero xogar contigo no patio.
-Gústame como bailas e como traballas.
E ademais do cumple de Icía, o venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Seguimos traballando o fortalecemento de músculos diferentes, os estiramentos e o equilibrio. Xa imos vendo algúns progresos e cousas que a principio de curso costaban máis traballo, agora xa resultan máis sinxelas. Todos/as os pementeiros/as están interiorizando que o que non sae ben ao primeiro intento, acabará saíndo ben coa práctica constante. E así imos avanzando.
Grazas polos eloxios. Estaba super emocionada e nerviosa😅. Disfrutou un montón. Chegou super contenta🥰🥰🥰
ResponderEliminar