jueves, 17 de marzo de 2022

O CUMPLE DE NOA

        Non paramos! De novo tocounos celebrar un aniversario na Pementeira. Nesta ocasión, a raíña do día foi Noa que a partir de hoxe xa é toda unha moza de 6 anos.

     Noa elixiu unha coroa de cor azul, apagou as candeas con precisión e moitas ganas, escoitou emocionada a canción de felicitación que todos lle adicamos e, despois, xa repartiu as súas galletas personalizadas entre todos os compañeiros e compañeiras.



 













   Despois de rematar as merendas e as galletas musicais de Noa, saímos ao patio a correr un pouco, respirar aire fresco e organizar diferentes xogos cos compañeiros/as e cando entramos de volta fixemos o "Círculo dos Eloxios" no que lle adicamos a Noa algunhas bonitas palabras para recordarlle no seu día as cousas que máis nos gustan dela. Como é habitual, eu fun a primeira en dicirlle o seguinte:
   - Noa, gústame moito ver o teu sorriso e verte contenta no cole. Felicítoche por ese vídeos tan bonitos que fas na casa con toda a familia, gústame ver a túa alegría cando nos contas cousas. Tamén me gusta que sexas xenerosa coa xente que queres, por exemplo cando nos regalas pulseiriñas e debuxos porque iso quere dicir que aprecias á xente que está contigo e queres facela feliz. Hoxe, por exemplo, estabas moi atenta na asamblea e contestastes a moitas preguntas e recordabas moitas cousas que eu expliquei e iso faime sentir feliz e orgullosa de ti.
    - Gústame o teu sorriso e como coloreas.
    - Gústame como fas  as fichas e como te concentras.
    - Gústame xogar contigo no patio e como fas English.
    - Gústame como fas as posicións de ioga e cando xogas con todos no patio.
    - Eres moi boa compañeira e gústame como axudas aos demais.
    - Gústame como compartes e como coloreas sin ir por fóra.
    - Eres a miña mellor amiga e quérote.















1 comentario:

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...