Estamos a facer tantas cousas na Pemeneteira que sempre me quedan actividades sin mostrarvos e despois teño que facer unha destas mesturas que a min tanto me gusta. Porque a vida no cole é así: actividades diferentes coas que traballamos habilidades distintas e contidos do máis diverso. Si seguides lendo esta entrada do blog e vendo as imaxes comprenderedes o que estou a dicir.
1.- O xoves estivemos traballando o concepto de simetría. Empezamos con exemplos moi prácticos (recortando con tesoiras e doblando os debuxos polo eixe de simetría) para que todos/as comprenderan qué quere dicir que unha imaxen é simétrica. Despois fixemos unha actividade impresa.
2.- O venres non fixemos a nosa sesión de ioga completa porque estamos preparando unha presentación sobre instrumentos africanos e facendo concertos. Pero antes de poñernos a gravar fixemos unha asana para relaxarnos: VIPARITA KARANI.
Esta posición axúdanos a reducir o estrés, a mellorar o fluxo sanguíneo, calmar o sistema nervioso e reducir ador de cabeza. É moi sinxela de realizar, chega con colocar unha esterilla ou manta no chan para non coller frío e situarse tumbados sobre a espalda coas pernas apoiadas na parede formando un ángulo recto. Podedes practicala na casa por exemplo antes de ir a dormir para calmar a nosa mente e mellorar a circulación nas nosas pernas que poden estar cansadas de todo o día e tamén nos axuda a non ter insomnio.
Si queredes ver un adianto do que vai ser a nosa presentación de instrumentos africanos, aquí vos deixo os primeiros vídeos que gravamos.
3.- Seguimos coñecendo e experimentando coas regletas para descompoñer números e facer sumas. Mirade como foron investigando os diferentes equipos.
Aínda que a korá é tradicionalmente un instrumento reservado aos homes que o transmitían de pais a fillos, xurdeu unha muller de orixen gambiano que provén dunha das principais liñas de griots de África occidental. neta dun griot e prima dun xenial intèrprete de Kora. Ela, SONA JOBARTEH, é a primeira muller da súa familia que tocou publicamente este instrumento. Empezou a aprender a tocar este instrumento desde os 3 anos da man do seu pai e o seu irmán.
5.- Seguimos pintando o mural do patio que iniciamos en xaneiro para conmemorar o Día da Paz. É unha tarefa longa plantexada coa finalidade de que participen todos os nenos e nenas da escola como un xeito de mostrar que o importante é traballar en equipo, colaborar e construir xuntos en lugar de pelexar e derrubar o que non nos gusta. Como a Paz non debemos celebrala un único día no ano, nestes días especialmente gústame que os nenos teñan presente a importancia que ten formar parte dunha comunidade, reforzar os lazos que nos unen en lugar de resaltar o que nos separa, e traballar xuntos para crear cousas fermosas. O mural xa está cobrando vida, pouco a pouco,
No hay comentarios:
Publicar un comentario