lunes, 7 de febrero de 2022

KIRIKÚ, YOUSSOU N´DOUR E UNHA VIAXE POR ARXENTINA

       O mes de febreiro é o Mes da Historia Negra, unha iniciativa que se leva a cabo en diferentes países do mundo, se traballa nas escolas, e pretende facer fincapé nas aportacións culturais de toda a comunidade negra  na súa diáspora. Todos somos conscientes de que moita xente procedente de África, iniciou unha nova vida en Europa, Asia e América principalmente. Os motivos polos que abandonaron e abandonan, aínda hoxe, o seu lugar de orixe son moitos e diversos. Pero penso que a ninguén se lle escapa que teñen moito que dicir e aportar, por exemplo, pensade a cantidade de ritmos, de estilos musicales, de bailes que teñen a súa orixe en África, buscade as palabras ou expresións idiomáticas que proveñen de linguas africanas, ou comidas productos alimentarios, ou mesmo as influencias africanas na moda. Por suposto, non podemos esquecer as personalidades políticas, literarias, os activistas pro dereitos humanos que naceron e traballaron en África e dos que temos tanto que aprender. En fin, nun proxecto centrado na música parece evidente que temos que falar de África. 

    Estes días estamos lendo moitas historias que nos conectan con este continente veciño que a min me apasiona. Por exemplo estes dous libros son moi interesantes. O primeiro fala dunha bonita e emocionante tradición dunha tribu africana. Precisamente deste libro saquei esa idea, o cursopasado, de celebrar os aniversarios con Círculo dos Eloxios. O segundo tamén transmite unha idea moi positiva sobre como, cada un de nós, podemos facer pequenas cousas para axudar aos demais e cambiar o mundo.




   Pero, sin duda, a historia que está triunfando na Pementeira estes días e KIRIKÚ. As aventuras deste rapaciño diminuto, inquedo, intelixente e valente nunca deixan indiferentes aos nenos e nenas. É un libro que sempre me acompaña e co que sempre teño o éxito asegurado. Cando conto as historias de Kirikú e a bruxa Karabá sei que hai risas aseguradas, emoción, quizá un pouquiño de medo ou preocupación, algo de tensión e suspense e finalmente alegría desbordante  e admiración.


   Pois ben, aquí estamos en plena lectura de Kirikú. E como a música sempre está presente pois era inevitable que xurdira un reto. ¿Qué famoso músico e cantante compux

o as cancións da película de Kirikú? E hoxe 5 investigadoras e investigadores trouxeron a resposta correcta: o senegalés Youssou    N´Dour.






    Eu son fan incondicional de Youssou N´Dour así que estou encantada de disfrutar coa súa música na aula. E estarei encantada de contaxiarlle aos pementeiros/as ese amor pola música africana e por artistas como este do que estamos a falar hoxe.


    E outra cousa que me encanta compartir coas familias pementeiras é un fantástico vídeo que Noa e a súa familia elaboraron para contarvos a todos algunhas cousiñas sobre Arxentina. Resulta que a canción do Mamboretá é arxentina e o papá de Noa é arxentino así que Noa tamén é metade arxentina. ¡Qué sorte! Alá, nese lugar tan fermoso, ten parte da súa familia e entre todos mirade que marabilla de vídeo fixeron. ¡Canta sorte temos na Pementeira! Estamos aprendendo un montón de cousas e disfrutando moito grazas a todas as aportacións que facedes as familias.


 Desde aquí quiero mandarle un fuerte abrazo a toda la familia argentina de Noa . ¡Muchas gracias a su papá, a la tía Noelia ya la abuela Estela! Nos gustó mucho vuestra presentación sobre Argentina. Todo nos resultó muy interesante. Ni que decir tiene que nos reímos mucho con Papá Noel en pantalones cortos,  los alfajores tenían una pinta muy apetitosa y las canciones nos encantaron. Yo conocía la del brujito de Gulubú, que es muy divertida. Aquí dejo el vídeo por si alguien tiene ganas de escucharla y cantarla también como la abuela de Noa. ¡MUCHAS GRACIAS por esta bonita colaboración con nuestro proyecto! ¡Magnífico trabajo!


   Carmen López tamén nos mandou un vídeo recitando a poesía "Navegando voy" que ela memorizou perfectamente e que recita como si fora toda unha poetisa profesional.




4 comentarios:

  1. Cantas cousas interesantes estades aprendendo e nos contades na casa. Noraboa a Noa e a súa familia por xuntar nun vídeo coñecemento e agarimo a partes iguais. Gracias por compartilo. Y un agradecimiento especial a la abuela Estela por recordar al brujito que a los peques ochenteros en España nos cantaba Rosa León.

    ResponderEliminar
  2. Bravo, Carmen L.!! 👏🏻👏🏻👏🏻 Eres una gran artista.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns a Noa e a súa familia por compartir connosco os vosos costumes, encantounos ver o vídeo e escoitarvos. Papá Noel en pantalóns cortos fixonos un montón de gracia 😂🤣😂Moitas gracias familia e Noa que nos encantaron as tuas explicacións 🥰🥰.

    Certo Teté as aventuras de Kirikú,volven ser un éxito 😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiiii, están interesadísimos na historia e pasámolo xenial lendo o conto, vendo as imaxes e aprendendo cousas novas, xa tararean a canción de Kirikú e botan unhas risas esoitando a narración que dá gusto escoitalos. A min, a verdade, encántame Kirikou e disfruto lendo para eles e vendoque o disfrutan tanto coma min!

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...