miércoles, 5 de mayo de 2021

DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL DE ÁFRICA

   O 5 de maio conmemórase o DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL DE ÁFRICA. A finalidade de celebrar este día é dar a coñecer a todo o mundo o valioso patrimonio cultural e natural que contén este continente.

   Hoxe na Pementeira adicamos parte da xornada a falar dese Patrimonio Natural africano (xa que frecuentemente reflexionamos sobre a importancia de coidar e respectar a natureza). Por exemplo falamos do Serengueti, do Monte Kilimanjaro, das Cataratas Victoria, do Delta do Okavango... entre outras moitas xoias naturais que deberían ser preservadas. Observamos fotografías, aprendemos novo vocabulario, escoitamos música e pintamos unha fermosa paisaxe da sabana africana que ben podería enmarcarse en pleno Serengueti.

  O quentamento do planeta, a caza furtiva e indiscriminada de animais salvaxes, a sobreexplotación dos recursos naturais, o exceso de residuos xerados polo consumismo mundial e outras problemáticas que se viven de xeito habitual en África, inciden de maneira moi negativa nese patrimonio cultural e natural de todo un pobo que representa o orixe da Humanidade e que supón a herencia das novas xeracións.








































   Na Pementeira, como todos sabedes, África sempre está presente e unha das maneiras nas que está connosco e mediante os contos e amúsica. Aquí vos deixo algunhas suxerencias si queredes mercar algún libro sobre África para nenos (ou non tan nenos). Moitos xa os coñecesn porque os temos na aula e os imos lendo ao longo do curso.





















2 comentarios:

  1. Pablo nos contó un montón de cosas sobre África y claro Inés que sabe algo del tema 😄 estuvo hablando con él,enseñándole algunos libros y cositas que tenemos por en casa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué bien!!! Pablo se entusiasma con todo, es una maravilla y no sabéis lo que me alegra ver los "antiguos pementeiros" recuerdan cosillas delas que hablábamos en clase. Y les encanta a todos cuando les enseño algunos libros viajeros de cursos anteriores y les cuento que los hicieron hermanos suyos, o algún primo o amigos de sus hermanos. Ojalá Pablo e Inés sigan siempre hablando de todo lo que saben. Las tertulias científicas, literarias, artísticas o de cualquier tipo siempre son enriquecedoras.😊😊👏👏👏

      Eliminar

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...