domingo, 9 de mayo de 2021

DÍA DA DANZA

   O pasado 29 de abril celebrouse o Día Internacional da Danza e na Pementeira tamén quixemos adicar parte da nosa xornada a disfrutar bailando. Porque mellor que falar sobre o importante que é a danza queremos mostrarvos o ben que nos sentimos cando bailamos. Non importa como, nin donde, nin siquera o tipo de música que empreguemos, o que realmente importa é sentir a música e deixar que o noso corpo se exprese ao seu ritmo.



  Pablo Canabal animouse a continuar a celebración en familia e mandounos un vídeo moi chulo no que o podemos ver coa súa irmá Inés bailando e disfrutando.


  E agora disfrutade tamén destas obras de arte que nos mostran esceas de danza en diferentes lugares, con disferentes protagonistas e con diferentes estilos artísticos pero todas elas igual de fermosas. Artistas como DEGAS, MATISSE, RENOIR, TOULOUSE-LAUTREC, e outros quixeron plasmar a beleza, a alegría e o xogo de formas e cores que encerra esta actividade artística que está presente en todas as culturas e en todas as épocas da Historia.








1 comentario:

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...