Curiosidade é unha das miñas palabras favoritas. Curiosidade é un signo de intelixencia, é un motor de vida, é un impulso de evolución. Sin curiosidade non somos nada. Sempre digo que o que máis me preocupa nun neno é que non teña curiosidade. Si non hai curiosidade, a aprendizaxe linítase de xeito considerable porque sin ganas de descubrir cousas descoñecidas, dificilmente faremos o esforzo de investigar e comprender o que atopemos. Por iso, constantemente intento xerar nos nenos/as curiosidade, por iso plantexo retos, por iso fago preguntas e por iso moitas veces deixo caer determinadas cuestións a ver que vai recollendo cada alumno/a e que cousas espertan a súa curiosidade. Os retos serven funfamentalmente para iso, para xerar curiosidade, para promover investigacións, para que os nenos/as se impliquen nas aprendizaxes, aprendan a investigar e descubran ese sentemento de atopar respostas ou mesmo outras preguntas que tamén van querer responder.
A semana pasada, no Día do Patrimonio Mundial de África falamos do Delta do Okavango e aprendemos o que é un delta nun río. Pero tamén lles propuxen un reto:
Na gran chaira no que se produce o Delta do Okavango hai moitos animais salvaxes, entre eles uns leóns un pouco peculiares porque fan algo que non fan habitualmente os leóns. Así que, ¿que fan eses leóns do Delta do Okavango?
O luns chegaron Pablo Canabal, David e Erik Vázquez coas súas respostas. ¡Parabéns para os tres investigadores!
Pablo falounos do coñecido como león masai que ten a peculiaridade de que a súa melena é moi, variada en forma e cantidade e, concretamente, un tipo de leóns desa zona de Kenia, osleóns de Tsavo, teñen a melena tan curta que a primeira vista paraece que non a teñen.
Grazas a Pablo coñecemos a este tipo de leóns, a Panthera leo massaica, pero non responde á pregunta do reto.
David e Erik sí que nos deron a resposta axeitada: os leóns do Okavango saben nadar. Precisamente o feito de que esa extensión se vexa inundada pola auga do río na época das chuvias, fai que os leóns teñan que buscar novas estratexias de caza e por iso, se é necesario, nadan para percorrer o territorio ou para obter comida. ¡Parabéns a Erik e David!
Desde que falamos de Copérnico, de vez en cando xurden temas na aula relacionados co Sistema Solar, cos planetas, estrelas, constelacións e ata os buratos negros. O fin de semana pasado atopei na Feira do Libro en Santiago un libro que tiña ganas de ter, así que onte estivemos disfrutando coa súa lectura e aprendendo algunhas cousiñas sobre un robot chamado CURIOSITY (nome elexido por una rapaza de 12 anos de Kansas) que foi enviado ao planeta Marte para facer investigacións, sacar fotos, recoller rocas marcianas e obter información sobre ese misterioso planeta vermello.
Aproveitando ademais que o martes é o día de Marte, ¿que mellor momento para ler esta fantástica historia marciana?
Espero que vos guste.
Ahora entiendo la información que Valentina no supo dar.. quería hablarnos de Curiosity pero por sus explicaciones nos salía Opportunity y no era, claro...
ResponderEliminares tan importante despertar esa curiosidad!! y cada vez lo veo más complicado
saludos
Nos gusta mucho cuando llega y nos dice,hoy traigo un reto.Pero claro de lo que nos cuenta a lo que es....
ResponderEliminarComo me dijo ayer, algún día acercaremos,jaja
Nosotros encantados de que por lo menos lo intente y tenga curiosidad.
Pues si, yo valoro mucho esa ilusión y que dé información, aunque sea parcial demuestra que escuchó y que trató de recordar y eso ya es mucho camino andado. Por eso quiero felicitar a los que intentan resolver el reto aunque no lleguen a la respuesta concreta. Y se lo digo en clase. Sé que cuesta que asuman esas cosas porque la tendencia es que algunos se rían si un compañero no acierta, por eso trato de insistir que el hecho de investigar en sí ya es importante, y la actitud, y luego sólo necesitamos trabajar un poco más la atención y la memoria. Pero me encanta que me pida retos y que llegue tan ilusionado con su investigación, eso me anima mucho y además aprovechamos para conocer otras cosas nuevas como los leones masai. Felicidades!
Eliminar